Peiteado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "miniatura|dereita|Peiteado tradicional dunha noiva xaponesa. Ficheiro:Venus von Willendorf 01.jpg|miniatura|A ''[[Venus d..."
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Traditional Japanese wedding hairstyle.jpg|miniatura|dereita|Peiteado tradicional dunha noiva xaponesa.]]
[[Ficheiro:Venus von Willendorf 01.jpg|miniatura|A ''[[Venus de Willendorf]]'' co cabelo trenzado.]]
Un '''peiteado''' refírese a un [[moda|estilo]] de levar o [[cabelo]]. A súa elaboración pode considerarse un aspecto de hixiene, moda e cosmética, malia que tamén inflúen moito aspectos prácticos, culturais e populares.<ref>[http://www.iknowhair.com/1940s-hairstyles/ The Cultural Spotlight of 1940's Hairstyles]</ref> Os diferentes estilos de peiteados pelo empréganse frecuentemente como sinal de identidade cultural, social ou étnica, e poden reflectir o [[status social]] e a individualidade. Polo xeral, os estilos de pelo axústanse a influencias culturais asignadas ó home e á muller.
 
A máis antiga representación dun cabelo recollido nunha [[trinca]] data de hai 30.000 anos. Nas civilizacións antigas, o cabelo das mulleres era coidadosamente elaborado de formas especiais. No [[Imperio Romano]], as mulleres levaban o seu cabelo en complicados estilos. Dende o Imperio Romano até a Idade Media, moitas mulleres deixaban medrar o seu cabelo tan longo como podían. A partir da segunda metade do [[século XV]] e comezos do [[século XVI|XVI]] a liña do cabelo fina na fronte era considerada atractiva. Durante o mesmo período, os homes europeos deixaban o cabelo non máis longo da altura do ombreiro.