Fóvea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
| DorlandsID =
}}
A '''fóvea''' da retina (do [[latín]] ''fovea'', pozo) ou '''fóvea central''' é unha parte da [[retina]] do [[ollo]] humano coa máxima agudeza visual. É unha pequena depresión que se atopa preto do centro da retina, localizada no centro da [[mácula lútea]], composta por [[cono (célula)|conos]] densamente empaquetados.<ref name=WebvisionRetina>{{cite web |url=http://webvision.med.utah.edu/sretina.html |title=Simple Anatomy of the Retina |work=Webvision |publisher = University of Utah |accessdate=2011-09-28 }}</ref><ref name=IOVSnomen>"Relation Between Superficial Capillaries and Foveal Structures in the Human Retina" - (with nomenclature of fovea terms), Masayuki Iwasaki and Hajime Inomara, - ''InvestigativeOphthalmology & Visual Science'' (journal), - volume 27, pages 1698-1705, 1986, IOVS.org, webpage: - [http://www.iovs.org/cgi/reprint/27/12/1698.pdf IOVS-fovea-capillaries]. -</ref>
 
A fóvea é a responsable da visión central aguda (tamén chamada visión foveal), que é necesaria para as actividades humanas onde a captación visual dos detalles é importante, como ler ou guiar un coche. A fóvea está rodeada polo cinto da ''parafovea'', e a rexión máis externa da ''perifovea''.<ref name=IOVSnomen/> ANa parafóvea a capa de [[célula ganglionar da retina|células ganglionares]] da retina está composta por máis de cinco ringleiras de células, e coa maior densidade de conos. Na perifóvea a capa de células ganglionares contén de dúas a catro ringleiras de células, e nela a agudeza visual non é óptima. A perifovea contén unha menor densidade de conos, uns 12 por 100 micrómetros fronte a 50 por 100 micrómetros aos que se chegan na fóvea central. Esta, á súa vez, está rodeada por unha área periférica maior que envía información moi comprimida de baixa resolución seguindo o patrón de compresión da [[imaxe foveada]].
 
Aproximadamente a metade das fibras nerviosas do [[nervio óptico]] levan información procedente da fóvea, mentres que a outra metade leva información do resto da retina. A [[parafovea]] esténdese ata un raio de 1,25&nbsp;mm desde a fóvea central, e a perifovea encóntrase a uns 2,75&nbsp;mm de raio desde a fóvea central.<ref>"eye, human."Encyclopædia Britannica. 2008. [[Encyclopædia Britannica 2006 Ultimate Reference Suite DVD]]</ref>