O Bierzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Junta>Xunta
Liña 53:
A lingua predominante é o [[lingua castelá|castelán]], pero tamén se falan o [[Lingua galega|galego]] e o [[Lingua leonesa|leonés]], que van aumentando de oriente a occidente e de sur a norte respectivamente. O emprego do galego e do leonés no uso cotián ten sortes dispares, aínda que ambos gozaron dunha recente revitalización a través do labor de distintas asociacións que promoven o seu uso e estudo, sendo, o [[Lingua galega|galego]] o máis favorecido, estendéndose o seu uso na súa zona de influencia, e o [[Lingua leonesa|leonés]] continua tendo un uso moi limitado.
 
A [[lingua galega]] fálase e permítese o seu ensino regulado no occidente do [[Bierzo]], así como na zona zamorana das [[As Portelas|Portelas]], segundo un acordo entre a Consellería de Educación da [[Xunta de Galicia]] e a Consellería de Educación da [[JuntaXunta de CastillaCastela ye León]]. No curso 2005-06 había 844 alumnos que estudaban o galego en 9 concellos bercianos, a cargo de 47 profesores, e no curso 2008-09 foron máis de 1.000 os alumnos que cursaron galego no Bierzo e [[As Portelas]]. Ademais no [[Estatuto de Autonomía de Castela e León]], no seu artigo 5º, indícase: "Gozarán de respecto e protección a lingua galega e as modalidades lingüísticas nos lugares en que habitualmente se utilicen".
 
Son concellos galegofalantes do Bierzo: [[Barxas]], [[Borrés]], [[Cacabelos]], [[Candín]], [[Carucedo]], [[Carracedelo]], [[Corullón]], [[Oencia]], [[Ponte de Domingos Flórez]], [[Sobrado, León|Sobrado]], [[Toural dos Vaos]], [[Trabadelo]], [[Valboa, León|Valboa]], [[A Veiga de Valcarce]] e [[Vilafranca do Bierzo]]. Ademais fálase tamén o galego en zonas dos concellos de [[Arganza]], [[Benuza]], [[Camponaraia]], [[Fabeiro]], [[Peranzais]], [[Ponferrada]], [[Priaranza]] e [[A Veiga de Espiñareda]].