Diferenzas entre revisións de «Xuízo ás Xuntas»

Co fin de dar un forte apoio á investigación sobre violacións de dereitos humanos durante a ditadura, o presidente Alfonsín creou unha comisión de cidadáns notábeis, que chamou Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas (CONADEP).
 
A CONADEP estivo integrada por dez membros elixidos polo presidente, tres membros elixidos pola Cámara de Deputados, e cinco secretarios. Entre eles atopábanse o escritor [[Ernesto SábatoSabato]], o médico [[René Favaloro]], o científico [[Gregorio Klimovsky]], o rabino [[Marshall T. Meyer]], o pastor evanxélico [[Carlos Gattinoni]], o sacerdote católico [[Jaime de Nevares]], a xornalista [[Magdalena Ruiz Guiñazú]] e a activista de dereitos humanos [[Graciela Fernández Meijide]].
 
Os membros da CONADEP recorreron a Arxentina, España, Francia, México e outros países entrevistando a eventuais testemuñas de violacións de dereitos humanos. Tivo a virtude de promover a confianza para que eses testemuños saísen á luz.