Luteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 88:
Esta [[xantofila]], igual que a [[zeaxantina]], foi utilizada principalmente como colorante natural debido á súa cor vermella-alaranxada cando está concentrada. A luteína absorbe luz azul e, por tanto, ten cor amarela cando está en baixas concentracións e vermella-alaranxada cando está a altas concentracións. A luteína é tamén anxioxénica e inhibe o [[factor de crecemento endotelial vascular|VEGF]].
 
A luteína utilizouse tradicionalmente na alimentación dos polos para darlle unha cor máis amarela á pel dos polos criados para a produción de carne, que era unha cor máis apreciada polos consumidores. Ademais, a fortificación con luteína tamén orixina unha cor ámarelaamarela máis forte nas xemas dos ovos, e actualmente darlle esa cor osaos ovos pasou a ser a principal razón para engadir luteína ao alimento dos polos. A luteína non se usa como colorante noutros alimentos debido á súa limitada estabilidade, especialmente en presenza doutros colorantes.
 
==Función no ollo humano==