Luteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 78:
A luteína obtéñena os animais directa ou indirectamente das plantas,e pode ter funcións antioxidantes e absorbe luz azul. A luteína atópase na xema dos ovos e nas graxas animais. Nos polos, ademais de dar cor ás xemas dos ovos, dálle cor amarela á pel e graxas, e utilízase na alimentación dos polos para ese propósito. A [[retina]] humana acumula luteína e [[zeaxantina]]. Esta última predomina na [[mácula da retina|mácula lútea]], mentres que a luteína predomina no resto da retina. Alí pode ter funcións fotoprotectoras para a retina evitando os danos producidos polos [[radical libre|radicais libres]] producidos pola luz azul. Tamén se encontra no [[corpo lúteo]] dos [[ovario]]s dos mamíferos.
 
O principal [[estereoisómero]] natural da luteína é o (3''R'',3′''R'',6′''R'')]]-''beta'',''epsilon''-caroteno-3,3′-diol.
A luteína é unha molécula [[lipofílico|lipofílica]] e é case insoluble en auga. A presenza na molécula dunha longa rexión [[cromóforo|cromófora]] con dobres enlaces conxugados (cadea de [[polieno]]) dálle a súa capacidade de absorber luz. A cadea de polieno é susceptible de degradación oxidativa pola luz ou calor e é quimicamente inestable aos ácidos.