Ovidio Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m HombreDHojalata moveu a páxina "Ovidio Murguía Castro" a "Ovidio Murguía" sobre unha redirección: Nome máis coñecido
Sen resumo de edición
Liña 24:
==Traxectoria==
Naceu no [[pazo de Hermida]], fillo dos escritores [[Manuel Martínez Murguía]] e [[Rosalía de Castro]], de quen herdou o seu sentimento artístico. Quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en [[Santiago de Compostela]], na [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]], da que era profesor o artista [[José María Fenollera]]. En [[1895]] trasladouse a [[Madrid]], pero non seguiu os camiños habituais de ir á [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] nin as posibles pensións para [[Roma]], por aquel entón pouco menos que imprescindible para facer carreira oficial.
[[Ficheiro:Rosalía e familia por Juan Palmeiro e fillos, A Matanza. 1883-4.jpg|miniatura|A familia en 1883 ou 1884.]]
 
O seu parentesco co novelista [[Alejandro Pérez Lugín]], en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do [[Guadarrama]], a pintar paisaxes do natural, e acudía con frecuencia ao [[Museo do Prado]], onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.