Ovidio Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nome completo
Liña 5:
| tamañoimaxe = 275px
| pedefoto =
| nomenacemento = Ovidio Martínez Murguía Castro
| datanacemento = [[2 de xullo]] de [[1871]]
| lugarnacemento= [[Lestrobe, Dodro, Dodro|Lestrobe]], [[Dodro]]
Liña 20:
| premios =
}}
'''Ovidio Martínez Murguía Castro''', nado en [[Lestrobe, Dodro, Dodro|Lestrobe]] ([[Dodro]]) o [[2 de xullo]] de [[1871]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[1 de xaneiro]] de [[1900]], foi un pintor [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
Naceu no [[pazo de Hermida]], fillo dos escritores [[Rosalía de Castro]], de quen herdou o seu sentimento artístico, e [[Manuel Martínez Murguía]], quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en [[Santiago de Compostela]], na [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]], da que era profesor o artista [[José María Fenollera]]. En [[1895]] trasladouse a [[Madrid]], pero non seguiu os camiños habituais de San Fernando nin as posibles pensións para Roma, por aquel entón pouco menos que imprescindible para facer carreira oficial.
 
O seu parentesco co novelista [[Alejandro Pérez Lugín]], en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do Guadarrama, a pintar paisaxes do natural, e acodía con frecuencia ao [[Museo do Prado]], onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.
Liña 31:
Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de [[Galicia]], especialmente no [[Museo Provincial de Pontevedra]] e no [[Museo de Belas Artes da Coruña]], onde está a máis representativa.
 
En marzo de 2014 a [[Fundación Rosalía de Castro]] presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de [[Ribadeo]]; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro ''Árbore de montaña'', é quizais a obra de maior tamaño (190 x 130 cm) pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor galego.<ref name="test">[http://www.galiciae.com/nova/320020-fundacion-rosalia-presenta-cuadro-catalogado-ovidio-murguia "A Fundación Rosalía presenta un cadro non catalogado de Ovidio Murguía"], ''Galiciaé'' (22-3-2014).</ref>.
 
Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de [[tuberculose]] no [[1900]] con tan só 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e [[Felipe Bello Piñeiro|Bello Piñeiro]] o encadrase dentro da [[Xeración Doente]].
 
==Galería de imaxes==