Melinde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
==Historia==
 
Melinde é desde o século XIV un asentamento [[swahili]]. De seguido formaría parte dos asentamentos islámicos que dominaban a costa índica de África, entre Mozambique e o mar Vermello. Rivalizou con Mombasa polo dominio nesta parte da África Oriental. Historicamente constituíu un porto de escala e comercial para potencias navais estranxeiras. En [[1414]], a cidade recibíu a visita da flota do explorador chinés [[Zheng He]]. As autoridades de Melinde enviaron unha pequena legación de persoas xunto con unha [[xirafa]] como presente para [[China]] cando dita flota zarpou da cidade.
 
O explorador portugués [[Vasco da Gama]], na súa primeira expedición ás Indias, encontrouse con as autoridades de Melinde en 1498, con as cales asinou un acordo comercial e pedíulles un piloto que os guiase á India. Este piloto foi Malemo Caná, que efectivamente conducíu a flota portuguesa ata [[Calecut]], no Sur indio, zarpando de Melinde o [[24 de abril]] de [[1498]]. Vasco da Gama ergueu un [[padrón]] como lembranza do paso dos lusos polo lugar, que aínda subsiste.
 
En 14991500 ou 1502, os portugueses estabeleceron un posto comercial([[feitoría]]) en Melinde, que serviría como lugar de repouso na viaxe cara Oriente. Tamén pola mesma época ergueron unha igrexa católica. A feitoría caíu en 1630 ante a forza árabe-bantu que se estaba forxando desde finais do século XVI na costa oriental africana, a demais do interese portugués polos territorios máis meridionales na zona do [[río Zambeze]]; porén o fore Xesús en Mombasa resistiría aínda ata 1700.
 
Sobreviven edificios históricos, tales a mezquita Juma e un pazo sobre a praia, que son puntos de interese turístico.