María Lopo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=xaneiro de 2015}}
'''María Lopo''', nada en [[Vigo]] en [[1967]], é unha [[Ensaio (literatura)|ensaísta]] e investigadora galega.
 
==Traxectoria==
Licenciada en [[filoloxía]] francesa pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] e graduada e doutorada en literatura francesa pola Universidade da Alta Bretaña en [[Rennes]], onde deu clase nos anos noventa. Foi profesora de Literatura Francesa da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e é profesora numeraria de Francés de IES.
 
En [[Francia]] publicou un estudo sobre o teatro radiofónico de [[Samuel Beckett]] ([[2000]]), e o libro ''[[Guillevic]] et sa Bretagne'' ([[2004]]), centrado no poeta bretón [[Guillevic]], no que é especialista. Como investigadora, interesouse sobre todo pola poesía francesa contemporánea e polo celtismo, incluídas as relacións de [[Galicia]] co mundo celta, temas sobre os que publicou numerosos escritos en revistas especializadas e na prensa. Coordinou o monográfico ''Labirintos celtas'' de ''[[Unión Libre]]'' ([[1997]]) e publicou un ensaio xeral sobre o tema identitario, titulado "O lugar", no volume "Indíxenas" dos mesmos cadernos ([[2002]]).
 
En [[Galicia]] ocupouse do estudo e coñecemento das culturas celtas, mentres que en [[Francia]] propagou o estudo e coñecemento de [[Galicia]], pois a ela se deben numerosos artigos sobre a mesma en revistas francesas como ''Celtics'', ''Bretagne'' ou ''Cahiers Galiciens-Cadernos Galegos-Kaieroù Galizek'', e tres libros profusamente ilustrados: ''[[Fisterra]]'' ([[1999]]), ''La [[Galice]]'' ([[2002]]) e ''[[Galice]] & [[Compostelle]], l'autre [[Finistère]]'' ([[2009]]).
 
Traduciu desde o francés ao galego á poeta bretoa [[Anjela Duval]], a ''Alquimia do verbo'' de [[Rimbaud]], ao cantautor [[Léo Ferré]], á poeta surrealista [[Joyce Mansour]] e ao poeta [[Guillevic]], así como a numerosos poetas galegos ó francés. É autora da antoloxía bilingüe galego-bretoa ''Moito máis que mil anos / Muioc’h kalz eget mil bloaz'' ([[2000]]) de [[Claudio Rodríguez Fer]] e, con Annick Boilève-Guerlet, da tradución ''Viaxes a ti / Voyages à toi'' ([[2008]]), de [[Claudio Rodríguez Fer]].
 
Forma parte do comité fundacional de ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'' e colaborou en numerosos xornais e revistas, como, ademais das xa citadas, ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[Galicia Internacional]]'', ''[[Ínsula (revista)|Ínsula]]'', ''[[Moenia]]'', ''[[Serta]]'', ''[[Boletín Galego de Literatura]]'' ou ''[[Clave Orión]]''.
Liña 27 ⟶ 28:
*"Camiñar nas linguas", ''Faíscas xacobeas'', [[Xenebra - Genève|Xenebra]]: Éditions Impossibles, [[1999]], p. 20.
*"Fole e o celtismo", ''Congreso Ánxel Fole''. [[Santiago de Compostela]]: Xunta de Galicia, [[1997]], pp. 119-133.
 
 
===Artigos===
Liña 36:
*"Fillos do exilio", ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 13, 2008, pp. 185-188. I.S.S.N. 1137-1250.
*"No bosque mariño", Boletín da Real Academia Galega, nº 368, I : Estudos e investigacións sobre María Mariño, 2007, pp. 67-73, I.S.S.N. 1576-8767.
*"Bretagne comme vibration", Nu(e), nº 38, Eugène Guillevic, coord. Enza Palamara, décembredecembro de 2007, pp. 33-37. I.S.B.N. 12667692.
*“Der Himmel über Berlin (O ceo sobre Berlín) de Wim Wenders”, ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 12, 2007, pp. 57-62. I.S.S.N. 1137-1250.
*"Amparo Segarra. Alén dos Pireneos", ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 11, [[2006]], pp. 141-151.
*"María Casares. A Galicia cosmopolita", ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 11, [[2006]], pp. 153-174.
*"Sexismo y coeducación: La discriminación genérica en los manuales de lengua francesa", Encuentro, nº 15, Universidad de Alcalá, [[2005]], htpp://www.encuentro-journal.uah.es
*"Amor e celtismo. Da materia de Bretaña aos amores libres", ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 10, [[2005]], pp. 11-24.
*"O capitán galego de [[André Sernin]]", ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 9, [[2004]], pp. 117-126.
*"Fernández Granell, Eugenio", [[Gran Enciclopedia Galega]], [[Lugo]]: tomo XVII, pp. 69-72, [[2004]].
*"Conciencia e memoria: A guerra civil española na obra poética de [[Guillevic]]", ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 8, [[2003]], pp. 21-37.
*"La littérature bretonne de langue française", ''Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura'', vol. 8, [[2002]], pp. 123-153.
*"O lugar", ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 7, [[2002]], pp. 11-30.
*"Mareas célticas", ''Ínsula'', nº 664, abril [[2002]], pp. 5-6.
*"Langue libre lieu", ''Cahiers galiciens'', Centre d’Études Galiciennes: Université de Rennes 2 – Haute Bretagne, volume 1, Juinxuño de [[2001]], pp. 59-70.
*"Blues e Gospels. Como sentidos por [[Marguerite Yourcenar]]", ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 6, [[2001]], pp. 95-102.
*"Le Déserteur, de [[Boris Vian]] a [[Renaud]]. A escuma dos días dunha insubmisión", ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'', n° 5, [[2000]], pp. 161-172.