Melinde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{xeografía en progreso}}
[[Image:KE-Malindi.png|thumb|150px|right|Localización de '''Melinde''' en Quenia]]
'''Melinde''' (tamén denominada '''Malindi''') é unha cidade [[Quenia|queniana]] sita na badía de Melinde, sobra a foz do [[río Galana]], na costa do [[Océano Ïndico]]. Dista 120 km de [[Mombasa]]. A poboación de Melinde era de 117,735 habitantes (censo de 1999). É a capital do distrito de Melinde.
 
==Historia==
 
Melinde é desde o século XIV un asentamento [[swahili]]. Rivalizou con Mombasa polo dominio nesta parte da África Oriental. Historicamente constituíu un porto de escala e comercial para potencias navais estranxeiras. En [[1414]], a cidade recibíu a visita da flota do explorador chinés [[Zheng He]]. As autoridades de Melinde enviaron unha pequena legación de persoas xunto con unha [[xirafa]] como presente para [[China]] cando dita flota zarpou da cidade.
 
O explorador portugués [[Vasco da Gama]], na súa primeira expedición ás Indias, encontrouse con as autoridades de Melinde en 1498, con as cales asinou un acordo comercial e pedíulles un piloto que os guiase á India. Este piloto foi Malemo Caná, que efectivamente conducíu a flota portuguesa ata [[Calecut]], no Sur indio. Vasco da Gama ergueu un [[padrón]] como lembranza do paso dos lusos polo lugar, que aínda subsiste.
 
En 1499, os portugueses estabeleceron un posto comercial en Melinde, que serviría como lugar de repouso na viaxe cara Oriente. Tamén pola mesma época ergueron unha igrexa católica.