Frauta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Suráfrica +Sudáfrica)
m →‎Historia: ámbolos
Liña 74:
En Europa, desenvolvéronse moitas tipoloxías de frautas na música tradicional e a folclórica, a inmensa maioría delas sopradas polo extremo do tubo e con canle de aire (ademais dalgunhas zonas que se han decantado máis ben polas frautas de pan). En cambio, no ámbito da música clásica as relacións entre as frautas de pico e as travesas foi bastante diferentes.
 
No [[música renacentista | Renacemento]] e no [[música barroca | Barroco]] conviven ambosámbolos tipos de instrumentos. A frauta de pico, ao longo do [[século XVI]] desenvólvese nunha familia integrada por unha serie de instrumentos de características prácticamente idénticas, con afinacións diferentes -con predominio das frautas en do e fa- que permiten de tocar música polifónica cun timbre homoxéneo. En cambio, a frauta travesa, non chegou a desenvolver unha familia comparable á da envergadura da frauta de pico, aínda que [[Alexander Agricola]] no seu tratado'' música instrumental deudsch'' do 1528 mostra unha familia de catro frautas travesas de tamaños e tesituras diferentes. Aínda que unha parte da literatura barroca para frauta permite ser tocada con ambosámbolos tipos de frauta, aínda que se adapte máis ben a unha que á outra, tamén hai mostras de música exclusivamente pensada para unha e non para a outra. Constitúen un exemplo do primeiro caso as sonatas para un instrumento melódico e baixo continuo que [[Haendel]] publicou como acompañados cunha serie de instrumentos entre as que se atopan ambosámbolos tipos de frautas, ademais do [[violín]] ou o [[oboe]], o certo é que algunhas son máis indicadas para un destes instrumentos. En cambio, [[Johann Sebastian Bach]] acompaña con dúas frautas de pico a o [[concertino]] no seu segundo [[concertos de Brandenburgo | concerto de Brandeburgo]], pero cunha frauta travesa para o quinto da mesma serie .
No [[Música do clasicismo| Clasicismo]] a frauta traveseira xa era prácticamente a única empregada nos ámbitos da música de concerto e a [[ópera]], só personaxes de baixa extracción social como Papageno en [[Die Zauberflöte|A frauta máxica ]] de [[Mozart]] tocan outros tipos de frauta como a frauta de pan. Construída en madeira, deu un salto cualitativo importante no momento en que [[Theoblad Böhm]] ([[1794]] - [[1881]]) inventou e aplicoulle un sistema de claves que facilitaba a execución á vez que incrementaba sustancialmente as posibilidades; un sistema que máis tarde adaptaría e aplicaría a outros instrumentos de vento madeira. Posteriormente, a frauta traveseira pasaríase a construirse en metal. Ao longo do [[século XIX]] igual como sucedeu con tantos outros instrumentos de vento, a frauta traveseira de orquesta foi obxecto de experimentacións diversas, entre outras a do mesmo Boehm, ou as diferentes formas que se buscaban para construír frautas de tesituras máis graves.