Camelle, Camariñas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro información sen contrastar
Liña 10:
|entidades = 3
}}
'''O Espírito Santo de Camelle''' é unha [[Parroquia civil|parroquia]] do concello de [[Camariñas]], que conta con seis entidades de poboación: Arou, Camelle, Camelle de Arriba, Lazo, Lobeiras e Porto de Arou. Está situada na beira do [[océano Atlántico]], en plena [[Costa da Morte]]. En 2011 Camelle tiña 1.322 habitantes (617 homes e 705 mulleres).
 
Posiblemente foi fundado por baleeiros [[Biscaia|biscaíños]]. O nome da vila é un posible nome [[celta]] con parentes en [[Eire]], e significaría "río entre outeiros". Camelle está construído dentro dunha enseada, a mar aberto, cunha praia ao fondo. A parroquia da vila, que venera aoo Divino Espírito Santo, posúe a campá do ''City of Agra'', naufragado en Arou.
 
Na localidade de Camelle viviu e desenvolveu a súa obra o artista alemán [[Manfred Gnädinger]], máis coñecido como Man, o Alemán de Camelle.