Masonaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Sen resumo de edición
Liña 27:
|}
 
A '''masonaría''' ou '''francmasonaría''' é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e [[filosofía|filosófico]]. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas [[loxiasloxas]] que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran LoxiaLoxa", "Gran Oriente" ou "Gran Priorado".
 
Aparecida en [[Europa]] entre finais do [[século XVII]] e comezos do [[século XVIII|XVIII]], a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como ''un sistema particular de moral ilustrada por símbolos''. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.
 
A historia institucional da masonaría presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonaría, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a [[natureza]] dos temas tratados ou a forma de traballar das loxiasloxas, así como coas bases sobre as que se fundamenta a [[Masonaría Regular|regularidade masónica]]. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas.
 
== Véxase tamén ==