Walt Disney: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
poño referncias
Sen resumo de edición
Liña 43:
Disney e Iwwerks (quen acortou o seu nome a Ub Iwerks) fundaron unha compañía chamada "Iwerks-Disney Commercial Artists" en xaneiro de 1920. Por desgraza, non conseguiron demasiados clientes, e finalmente tiveron que abandonar. Ámbolos dous foron contratados pola empresa Kansas City Film Ad, na que traballaron en anuncios, realizados con primitivas técnicas de animación, para os cinemas locais. Disney estaba fascinado polas posibilidades da animación. Pasou varios días na biblioteca pública de Kansas City estudando libros de anatomía e mecánica. Leu tamén un libro de [[Edweard Muybridge]] sobre a animación. Aproveitou o seu tempo en Film Ad experimentando con animación e técnicas cinematográficas. Mesmo tomou prestada unha das cámaras da empresa para experimentar na casa.
 
Despois de dous añosanos en Film Ad, Disney cría que tiña a experiencia suficiente como para emprender un novo negocio pola súa conta. En [[1922]], fundou a empresa Laugh-O-Gram Films, Inc., adicada a realizar curtametraxes animadas baseadas en contos de fadas populares e relatos para nenos, como ''[[A CinsentaCincenta]]'' ou ''[[O gato con botas]]''. Entre os seus empregados contábanse Iwerks, [[Hugh Harman]], [[Rudolph Ising]], [[Carmen Maxwell]] e [[Friz Freleng]]. As curtas fixéronse famosas na zona de Kansas City, mais os seus gastos de produción excedían ós ingresos que proporcionaban.
 
Trala creación da súa última curta, a mestura de acción real e animación ''Alice's Wonderland'', o estudio declarouse en bancarrota en xuño de [[1923]]. Disney decidiu entón trasladarse ó puxante centro da industria cinematográfica, [[Hollywood]]. Vendeu a súa cámara e obtivo cartos dabondo para unha viaxe de ida en tren a [[California]]. Deixou atrás ós seus amigos e antigos empregado, mais levou con el o filme ''Alice's Wonderland''.
Liña 51:
Ó non atopar choio, optou por volver a intentalo coa animación. O seu primeiro estudio en Hollywood foi un garaxe na casa do seu tío Robert. Enviou o filme ''Alice's Wonderland'' á distribuidora neoiorquina [[Margaret Winkler]], quen amosou un grande interese polo filme e contratou a Disney para producir máis películas combinando animación e imaxe real.
 
Reuniuse co seu irmán, que estaba a se recuperar de [[tuberculose]] nun hospital de veteranos dos Ánxeles, e convenceuno para que se encargaraencargase da xestión económica do estudio. A petición de Disney, a [[actriz]] protagonista de ''Alice's Wonderland'' (Virginia Davis) e a súa familia trasladáronse a Hollywood dende Kansas City. O mesmo fixeron Iwerks e a súa. Este foi o comezo do ''Disney Brothers' Studio'', o xerme da futura ''[[The Walt Disney Company]]''.
 
Os novos filmes, chamadas ''Alice Comedies'', tiveron bastante éxito. Despois de Virginia Davis, quen deixou a serie ó non aceptar Disney as esixenciasexixencias de aumento salarial, o personaxe de Alice foi interpretado polas actrices [[Dawn O'Day]] e Margie Gay. Máis tarde, Lois Hardwick asumiu brevemente o papel. Polo tempo en que concluíu a serie, en [[1927]], o centro de atención eran os personaxes animados, en particular un gato chamado Julius que recordaba a [[Felix the Cat]].
 
=== Oswald the Lucky Rabbit ===
Liña 59:
 
[[Ficheiro:Bosko-sinkininthebathtub1930.jpg|miniatura|220px|Bosko, fotograma de ''Sinkin' in the Bathtuben'', [[1930]].]]
En febreiro de [[1928]], Disney viaxou a [[Nova York]] para negociar un novo acordo económico con Mintz, mais levou unha grande sopresasorpresa cando este lle anuncia que non só lle ía pagar menos por cada curtametraxe que producise, senón que tiña ós principais animadores de Disney baixo contrato e que crearía o seu propio estudio se Disney non aceptabaaceptase traballar por menos cartos. Os dereitos de Oswald pertencían a Universal e non a Disney, polo que podían facer os filmes sen el.
 
Disney rexeitou a imposición de Mintz e perdeu a meirande parte do persoal do seu estudio. Os que marcharon formaron o núcleo de [[Winkler Studio]], dirixido por Mintz e o seu cuñado [[George Winkler]]. Porén, Universal asignou pouco máis tarde a produción dos filmes de ''Oswald the Lucky Rabbit'' a unha sección da súa propia empresa que dirixía [[Walter Lantz]], e Mintz tivo que adicar o seu estudio á produción de curtas de [[Krazy Kat]]. Harman, Ising, Maxwell e Freleng crearon un personaxe moi parecido a Oswald, [[Bosko]], para [[Leon Schlesinger]] e [[Warner Bros.]], e empezaron pouco despois a traballar nas primeiras entregas da serie ''[[Looney Tunes]]''.
Liña 75:
 
=== Silly Symphonies ===
Ademais das curtas de Mickey Mouse, en [[1929]] Disney iniciou unha serie de filmes musicais titulados ''[[Silly Symphonies]]''. O primeiro titulouse ''[[The Skeleton Dance]]'', e foi enteiramente debuxada e animada por Iwerks, que foi tamén responsábelresponsable da meirande parte dos filmes producidos por Disney entre os anos [[1928]] e [[1929]]. Aínda que ámbalas series tiveron un grande éxito, o estudio de Disney non estaba de acordo con compartir os beneficios con Pat Powers, e firmou un novo contrato de distribución con [[Columbia Pictures]].
 
Iwerks estábase fartando da posición subalterna que tiña no estudio a pesares de realizar a meirande parte do choio, e deixouse convencer por Powers para abrir o seu propio estudio cun contrato exclusivo. Entón Disney andou na procura desesperada de alguén que puiderapuidese substituír a Iwerks, xa que el mesmo non era quen de debuxar tan ben nin tan axiña (dise que Iwerks facía máis de 700 debuxos diarios para as curtas de Mickey).
 
Entrementres, Iwerks lanzaba a súa serie sobre o personaxe de [[Flip the Frog]] coa primeira curta de animación con son e en cor, titulado ''[[Fiddlesticks]]''. Creou tamén outras dúas series: ''[[Willie Whopper]]'' e ''[[Comicolor]]''. O seu éxito ameazaba o predominio que Disney acadara na industria do cinema de debuxos animados.<ref>Iwerks remataría por pechar o estudio en 1936 para traballar en varios proxectos relacionados coa tecnoloxía da animación, e volvería finalmente a traballar para Disney en 1940, no departamento de investigación e desenvolvemento do estudio, onde foi o responsábelresponsable de numerosas innovacións técnicas. Nunca recuperou a posición de preeminencia que tiña nos estudios do seu vello amigo.</ref>
 
Disney contratou a varias persoas para facer o traballo que Iwerks era capaz de facer en solitario. En [[1932]], Disney estreou o seu primeiro filme en cor, ''[[Flowers and Trees]]'', da serie "Silly Symphonies", que conseguiu o [[Oscar á mellor curtametraxe de animación]] en [[1932]]. Nese mesmo ano, Disney recibiu tamén Oscar honorífico pola creación de Mickey Mouse, cuxas curtas pasaron a realizarse en cor a partir de [[1935]]. Pronto apareceron series derivadas, protagonizadas por novos personaxes, como o [[Pato Donald]], [[Goofy]] e [[Pluto (Disney)|Pluto]].
Liña 88:
== A idade dourada da animación ==
=== "A tolemia de Disney": ''Snow White and the Seven Dwarfs'' ===
Aínda que os ingresos do estudio eran considerábeisconsiderables, para Disney non era abondo e en [[1934]] comezou a planear e produción dunha [[longametraxe]]. Cando se soubo na industria da animación que Disney planeaba a produción dunha longametraxe animada sobre [[Brancaneves]], bautizouse ó proxecto como "a tolemia de Disney", e todo o mundo estaba de acordo en que o proxecto remataría arruinando o estudio. Tanto Lillian como Roy trataron de disuadir a Disney dos seus plans. Este contratou ó profesor Don Graham, do Instituto de Arte Chouinard, para que formase ó cadro de persoal do estudio, e utilizou as curtas da serie "Silly Symphonies" como laboratorio para experimentar coa animación realista de seres humanos, a creación de personaxes animados con personalidade definida, efectos especiais, e o uso de procesos especializados e aparellos como a [[cámara multiplano]].
[[Ficheiro:Snow white 1937 trailer screenshot (2).jpg|miniatura|300px|Imaxe do tráiler do filme ''[[Snow White and the Seven Dwarfs]]''.]]
[[Ficheiro:Walt Disney Snow white 1937 trailer screenshot (13).jpg|esquerda|miniatura|Walt Disney presentando cada un dos Sete Ananos.]]
Liña 102:
Despois de varias tentativas de [[sindicalismo|organización sindical]] entre os traballadores da industria da animación, en [[1938]] creouse o [[Screen Cartoonists Guild]] (SCG), sindicato que pronto desenvolveu unha activa campaña para captar afiliados entre os traballadores do medio. Aínda que xa fora recoñecido pola meirande parte dos outros estudios, Disney negábase a permitir a afiliación sindical dos seus empregados. Por outra banda, dende [[1937]] existía un crecente descontento entre os traballadores do estudio. Aínda que os empregados de Disney eran os mellor pagados da profesión, consideraban que se incumpriran as promesas sobre bonificacións polo traballo extra que fixeran nas longametraxes da compañía. Filmes como o de ''Brancanieves'' tiveran un éxito sen precedentes no cinema de animación, e os empregados non participaran dos beneficios (de feito, Disney endebedárase coa apertura dos novos estudios en Burbank e a produción de ''Pinocchio'' e ''Fantasia'', que non obtiveran o éxito desexado). Ademais, a labor de moitos empregados non era recoñecida nos títulos de crédito dos filmes.
 
En [[1941]], [[Herbert Sorrell]], o principal líder sindical entre os traballadores de Disney, intentou negociar o recoñecemento do SCG, mais foi rexeitado. Animadores que tiñan unha posiviónposición importante dentro dos estudios, como [[Art Babbitt]] e [[Vladimir William Tytla|Will Tytla]], abrazaron a causa dos seus compañeiros. Disney considerouno unha traizón persoal e despediu a Babbitt e a outros 16 traballadores. O [[28 de maio]], un grande número de traballadores foron á folga. Esa mañá, cando Disney chegou ós estudios, atopounos bloqueados por centos de piquetes de folga.
 
A medida que continuaba a folga, a tensión foi medrando. O cadro de persoal dos estudios quedou dividido case ó 50% e houbo varios conatos de enfrontamento. O propio Disney, segundo algunhas testemuñas, estivo a piques de chegar ás mans con Babbitt.<ref>" When Walt drove through the pickets, Babbitt grabbed a bullhorn and shouted "Shame on you, Walt Disney!" Disney leapt out of his car and a bareknuckle brawl would have insued had not cooler heads separated them. (en [http://grimsociety.com/archives/disstrke.html Tom Sito: ''The Disney Studio Strike of 1941'']</ref> Pouco antes do final da folga, Disney, por consello de [[Nelson Rockefeller]], director da axencia de relacións con [[Latinoamérica]] no Departamento de Estado, partiu de xira a Latinoamérica como embaixador de boa vontade, o que contribuíu a arrefriar os ánimos entre as partes enfrontadas.
Liña 147:
Cando Walt Disney Productions empezou a construír [[Disneylandia]], tamén empezara a interesarse por outras áreas da industria do entretemento. ''A illa do tesouro'' (1950) foi a primeira película de acción real da compañía, e foi axiña seguida doutras: ''[[20,000 Leagues Under the Sea (filme de 1954)|20,000 Leagues Under the Sea]]'' (en [[CinemaScope]], 1954), ''The Shaggy Dog'' (1959) e ''[[The Parent Trap (filme de 1961)|The Parent Trap]]'' (1960). Os estudios Disney descubriron tamén a importancia da [[televisión]]. En 1950 produciron o seu primeiro programa televisivo, ''One Hour in Wonderland''. Na cadea [[American Broadcasting Company|ABC]], Disney patrocinou un programa chamado ''Disneyland'' dedicado a anunciar o seu novo parque de atraccións, no que se emitían tamén secuencias dos filmes xa estreados. O primeiro programa televisivo de emisión diaria realizado polo estudio foi o popular ''Mickey Mouse Club'', que continuaría, con varios cambios de nome, até ben entrados os anos 90.
 
[[Ficheiro:Magic Kingdom castle.jpg|miniatura|esquerda|250px|O castelo da CinsentaCincenta no [[Walt Disney World Resort]], [[Florida]].]]
A medida que o estudio se expandía e diversificaba o seu campo de acción, Disney foi prestando menos atención ó departamento de animación, delegando cada vez máis tarefas nos seus animadores de confianza, ós que chamaba "[[Os Nove Anciáns (Disney)|Os Nove Anciáns]]".<ref>Os chamados "nove anciáns" ("nine old men") foron Les Clark (1907-1979), Ollie Johnston (n. 1912), Frank Thomas (1912-2004), Wolfgang Reitherman (1909-1985), John Lounsberry (1911-1976), Eric Larson (1905-1988), Ward Kimball (1914-2002), Milt Kahl (1909-1987) e Marc Davis (1913-2000). O nome viña do alcume dado por Franklin D. Roosevelt ós nove xuíces do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.</ref> En vida de Disney, o departamento de animación creou varias longametraxes de éxito como ''[[Lady and the Tramp]]'' (en CinemaScope, 1955), ''[[One Hundred and One Dalmatians]]'' (1961), ''[[Sleeping Beauty (filme de 1959)|Sleeping Beauty]]'' (en [[Super Technirama]] [[70mm]], [[1959]]), e ''[[The Sword in the Stone (filme)|The Sword in the Stone]]'' (1963).
 
Liña 159:
Disney deixou de traballar no desenvolvemento de Disneyworld nos últimos meses de [[1966]], cando se lle diagnosticou un [[cancro de pulmón|cancro]] no seu [[pulmón]] esquerdo, tras toda unha vida de fumador empedernido. Pasou un exame médico no hospital St. Joseph, xunto ó edificio do estudio Disney, e sufriu un [[paro cardiorrespiratorio]]. Faleceu o [[15 de decembro]] de [[1966]]. O seu corpo foi incinerado o [[17 de decembro]] no [[Forest Lawn Cemetery]] de [[Glendale, California|Glendale]], [[California]]. O seu irmán Roy foi quen levou adiante o proxecto do parque de atraccións de Florida, insistindo en que se chamase [[Walt Disney World]] na honra ó seu irmán. Roy morrería tres meses despois de que o parque abrise as súas portas en [[1971]].
 
Durante anos tense xestado a lenda urbana de que Disney, poucos minutos antes de morrer, foi [[Criónica|crioxenizado]]. O seu corpo supostamente foi introducido cando aínda estaba vivo nunha cámara e foi conxelado a baixas temperaturas para que cando a ciencia avanzaraavanzase puiderapuidese ser resucitado e sandar o seu pulmón enfermo. Esta historia cobrou unha relevancia enorme en todo o mundo, tomándose a Disney como exemplo de que as crioxenizacións si tiñan razón de ser. Porén, isto é completamente falso e as súas cinsascinzas repousan en [[California]] dende hai máis de corenta anos.
 
=== O Imperio Disney hoxe ===
Liña 172:
Contou cun equipo de animadores de primeira cuxos méritos, porén, quedaron sempre menosprezados, pois coa publicidade da compañía parecía deducirse que era o propio Disney o autor material de tódolos filmes. O caso de [[Ub Iwerks|Iwerks]] é paradigmático, xa que pesares da súa importancia nas primeiras curtas da compañía, e na creación de Mickey Mouse, apenas é coñecido na actualidade.
 
Walt Disney converteu os debuxos animados nun produto de consumo de masas. En varias ocasionesocasións, aceptou con total franqueza que o seu obxectivo era chegar ó maior número posíbelposible de espectadores, por riba de calquera consideración de tipo artístico. Aínda que moitas das súas películas son obras mestras do cinema de debuxos animados, co tempo o interese por gabar os gustos do público acentuou unha certa tendencia ó ''kitsch'' e ó excesivo sentimentalismo. Trala súa morte, os debuxos animados de The Walt Disney Company continuaron na mesma liña.
 
O éxito dos filmes de Disney tivo como consecuencia que o seu cinema chegarachegase a ser considerado por gran parte do público como a única forma posíbelposible de facer cinema de debuxos animados, o que dificultou en grande medida a aparición de propostas alternativas dentro da animación.
 
== Ideoloxía ==
A ideoloxía de Walt Disney, tal como se fai patente nos seus filmes, baséase sobre todo na defensa dos valores do "''american way of life''" ("modo de vida americano"), nos que cría firmemente. A ideoloxía [[Neocolonialismo|neocolonialista]] subxacente nos filmes de Disney tamén se ten criticado por, entre outros autores, [[Ariel Dorfman]] e Armand Mattelart, no seu coñecido ensaio ''[[How to Read Donald Duck]]'' (1971).
 
Unha cuestión moi discutida é a das posíbeisposibles simpatías de Disney polos réximes [[fascismo|fascistas]] europeos nos anos previos á [[Segunda Guerra Mundial]]. Segundo algunhas referencias,<ref>Alessandro Barbera, no seu libro <cite>Camerata Topolino: L' ideologia di Walt Disney</cite> (Roma, Stampa Alternativa, 2001: [http://www.macrolibrarsi.it/__camerata_topolino.php]), afirma que Disney foi recibido por Mussolini en dúas ocasións, en [[1932]] e [[1937]]. [http://www.radioradicale.it/?q=scheda&id=185621 Nesta páxina] pódese escoitar unha entrevista radiofónica ó autor na que expón estes datos. [[Pierre Assouline]], na súa biografía de [[Hergé]] (Assouline, Pierre: ''Hergé''. Barcelona, Destino, 1997; p. 109), fai referencia a unha soa ocasión, que tería tido lugar en [[1935]]. Parece ser que Mussolini era un grande admirador de Mickey Mouse, e que a banda deseñada deste personaxe, chamado en Italia "Topolino" recibiron un trato privilexiado por parte do réxime fascista</ref> foi recibido en Roma por [[Benito Mussolini|Mussolini]] nunha ou dúas ocasións durante a década de 1930. Tamén se ten falado da súa simpatía polo [[nazismo]], debido á súa asistencia, en compaña do avogado da empresa, [[Gunther Lessing]], a mitins do [[German American Bund]], organización pro-[[nazi]] estadounidense. Porén, a principal testemuña que documenta a presenciapresenza de Disney nestes mitins non é en absoluto imparcial, xa que se trata de [[Art Babbitt]], despedido por Disney en 1941 pouco antes da famosa folga dos traballadores dos estudios. Tamén se sabe que Disney foi un dos poucos empresarios cinematográficos que recibiron abertamente á cineasta alemá [[Leni Riefenstahl]] durante a súa visita a Hollywood en [[1938]], cando a maior parte da industria lle pechou as portas.
 
En calquera caso, se Disney tivo simpatías polos réximes fascistas, desbotounas en canto o seu país entrou en guerra contra o Eixo. Durante o conflito bélico, colaborou co goberno realizando varios filmes de propaganda, entre os cales destaca a curta ''[[Der Fuehrer's Face]]'', no que aparecen caricaturizados [[Adolf Hitler|Hitler]], [[Mussolini]] e [[Hirohito]] e que remata cunha oda ás virtudes da [[democracia]].
Liña 187:
O que si está fóra de toda dúbida é que Disney foi un fervente [[anticomunismo|anticomunista]], principalmente a causa da folga de 1941, que el atribuíu a manobras do [[Partido Comunista dos Estados Unidos]] para gañar poder na industria do cine. Segundo a súa declaración ante o [[House Un-American Activities Committee]], cría firmemente que o comunismo era unha seria ameaza contra o modo de vida estadounidense.
 
Non se puido probar que militaramilitase en ningún partido político. Durante os anos 50, Disney apoiou economicamente o [[Partido Republicano (Estados Unidos)|Partido Republicano]].<ref>[http://www.disneydreamer.com/Waltcheck.htm Bank check signed by Walt Disney]</ref> Na súa xuventude, Disney formou parte dunha organización de tipo [[masonería|masónico]], chamada [[OrdenOrde DeMolay]]. Segundo o seu propio testemuño, a pertenza a esta organización tivo un papel moi importante na súa formación.
 
As conviccións [[relixión|relixiosas]] de Disney son tamén pouco coñecidas. Foi bautizado como membro da [[Igrexa congregacional|igrexa congregacionalista]] (de feito, púxoselle o nome de Walter por un pastor de dita igrexa, Walter Parr<ref>Thomas, pp. 24-25</ref>), mais non semella que fose un home relixioso, aínda que respectaba profundamente a relixión como garante dos valores establecidos.