Diferenzas entre revisións de «Eleccións municipais en Ourense»

lig int
(engado referencias)
(lig int)
*[[1979]] '''Alcalde''': [[José Luis López Iglesias]] - [[UCD]]
 
Aos [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|primeiros comicios democráticos]] presentáronse oito forzas políticas. A vencedora foi a [[Unión de Centro Democrático]], cun 32,22% dos votos, e 9 concelleiros. Á fronte deles estaba o enxeñeiro [[José Luis López Iglesias]], que acabaría sendo o alcalde, e como número 5 ía [[Victorino Núñez]]. En segunda posición quedou a [[Coalición Democrática]], cun 20,34% dos votos e 5 concelleiros. A candidatura popular estaba encabezada polo prohome local [[Celso Vázquez-Gulías]], e nela figuraba tamén, como número 5, [[Ángel Villanueva Cendón]]. En terceira posición figurou o [[Partido Socialista Obrero Español]], co 17,98% dos votos e tamén 5 concelleiros. A candidatura estaba liderada polo mestre [[Manuel Sueiro]] e como número 3 figuraba [[Manuel Veiga Pombo]].<ref>[[Maribel Outeiriño]]: Ourense en 4 tiempos: Los nuevos concejales, ''[[La Región]]'', 22 de abril de 2004.</ref><ref>Los partidos presentan sus candidatos a las alcaldías, ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', 18 de febreiro de 1979.</ref>.
 
Tamén foron elixidos concelleiros do [[Partido Comunista de Galicia]], do [[BNPG]] e dunha candidatura de independentes, chamada Independientes Saa-Carvajales. O PCG obtivo un 9,08% dos votos e dous concelleiros, liderados polo médico [[Manuel Peña Rey]]. A candidatura [[nacionalista]] obtivo o 8,99% dos votos e 2 concelleiros, e estaba encabezada por [[Norberto Tabarés]]. O líder dos independentes (6,86% e 2 concelleiros) era [[Adolfo Saa]], mestre, e foi a única candidatura que apoiou a investidura de López Iglesias.