Diferenzas entre revisións de «Pío VII, papa»

m
O novo papa non albergaba unha preconcibida indisposición cara a Napoleón, nin se mostraba belixerante contra a orde política que o réxime francés pretendía instaurar nos países da súa órbita. Cando era só bispo de Imola e o exército francés penetrou nos estados do norte de [[Italia]] e Napoleón creou con eles a [[República Cisalpina]], Chiaramonti aconsellou non resistir ó poderoso invasor e predicou o sometemento ós recentes señores. A súa famosa homilía do día de Nadal de 1797 é clara neste sentido: o futuro papa fai nela profesión de fe nos enunciados democráticos do novo goberno e mantén que unha constitución desta tendencia política non está en contradición cos principios da igrexa cristiá. Tampouco Napoleón seguiu as tendencias anticlericais das primeiras fases da revolución. No seu pragmatismo político tivo ben presente que as crenzas relixiosas estaban moi enraizadas no pobo francés e que era proveitoso para os seus designios manter unha amistosa relación cos poderes eclesiásticos, en especial co papa de Roma.
 
[[Ficheiro:Sir Thomas Lawrence - Pope Pius VII (1742-1823) - Google Art Project.jpg|miniatura|250px|esquerda|Pío VII en 1819, con 77 anos. O seu pontificado foi de moito sufrimento. Está considerado un pontífice santo. O seu amor por María Santísima Auxiliadora e pola Santa Eucaristía fixérono ser forte nas adversidades e no desterro]]
 
Cabía, pois, esperar un entendemento entre ámbalas dúas xerarquías. Produciuse, en efecto, e quedou plasmado no [[Concordato]] que Francia e a Santa Sé firmaron en 1801. O papa regresara a Roma e volvera a ocupar o seu trono nela. De alí partiu en 1804 cara a [[París]] para oficiar a coroación como emperador de Napoleón I; o pontífice limitouse a unxilo, pois foi o propio Napoleón quen se coroou a si mesmo, seguramente recordando e non querendo que se repetisen as circunstancias en que foi investido emperador [[Carlomagno]] mil anos antes. As aspiracións do novo emperador eran demasiado ambiciosas como para supeditalas a unha boa harmonía co príncipe da igrexa, polo que a aparente avinza entre eles feneceu tan pronto como a ríxida postura papal supuxo un estorbo na estratexia imperial de Bonaparte. Foi, dun lado, a negativa de Pío VII en 1806 a sumarse ó bloqueo contra [[Inglaterra]] que Napoleón quería impor ás nacións continentais e, doutro, a resistencia do papa ante a permanente tentativa do emperador de controlar a igrexa francesa, o que provocou a violenta reacción deste. En 1809 apoderouse dos Estados Pontificios, que incorporou co imperio francés e retivo a Pío VII como prisioneiro en [[Savona]]. Máis tarde levouno deportado a Francia, onde quedou reducido a cativerio en [[Fontainebleau]].
43

edicións