Técnica Levallois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Paso de Calais
Shyde (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Suráfrica +Sudáfrica)
Liña 13:
==== O método clásico: a extracción preferencial ====
[[Ficheiro:Levallois Preferencial-Animation.gif|miniatura|235px|Reconstrución hipotética da extracción dunha lasca Levallois preferencial]]
O núcleo Levallois para unha lasca preferencial é o prototipo clásico. O procedemento que se segue comeza, neste caso, pola elección dun canto-soporte: un seixo arredondado lixeiramente, alongado e patelo, que se prepara, cun [[percusor (talla lítica)|percusor duro]], tallando perifericamente un plano de percusión que servirá para ''mondar'' a cara principal do núcleo por medio de levantamentos centrípetos. Si é preciso, prepárase, ademais, unha ''plataforma de percusión'' situada, xeralmente nun dos extremos estreitos do soporte, para poder dar o golpe no mesmo sentido que o seu eixe de alargamento. Desde este plano de percusión, extráese cun único golpe, que, forzosamente, ha ser certeiro e dirixido cara ao centro do núcleo, unha gran [[lasca Levallois]] cunha forma que xa fora preconcibida antes grazas á forma máis ou menos convexa e regular da cara principal do núcleo. Esta lasca será, normalmente, máis longa que larga e con varios negativos centrípetos na súa cara superior (polo menos catro) que son as cicatrices propias da preparación do núcleo. Algúns núcleos Levallois teñen a particularidade de que, ás veces, reciben o golpe no lateral, e non no extremo, polo que as lascas son tan largas coma longas, ou mesmo máis. Unha vez explotados e abandonados, estes núcleos teñen unha forma moi característica na que destaca a preparación bifacial periférica de sección planoconvexa e un gran negativo de lascado que ocupa practicamente toda a cara principal do núcleo. En Europa e, máis concretamente, en [[España]], os núcleos Levallois aparecen no Achelense, pero a maioría das veces, teñen o golpe no lateral, e non lonxitudinal; do mesmo xeito, as lascas Levallois do Paleolítico Inferior son máis largas que longas. En cambio, o Levallois do Paleolítico Medio é o típico coa extracción alargada e mellor controlada. Identifícanse varias fases iniciais ''«pre-Levallois»'' en [[Stellenbosch]] ([[SuráfricaSudáfrica]]), outra fase ''«proto-Levallois»'' denominada máis especificamente dependendo das súas características e rexións, como Vitoria-Oeste en [[Uganda]] e tipo Kerzaz en [[Alxeria]], ata chegar ao Levallois propiamente dito que liga xa coas evidencias coñecidas en [[Europa]], durante o Achelense pleno.
==== Un método alternativo: a extracción reiterativa centrípeta ====
A finais dos [[anos 1980|anos 80]], o investigador [[Francia|francés]] [[Éric Boëda]] estudou detidamente unha serie de pezas musterienses procedentes do asentamento de ''Biache-Saint-Vaast'' ([[Paso de Calais]]) descubrindo que, durante o Paleolítico Inferior e Medio existía unha variante Levallois que pasara desapercibida ou que fora identificada cunha técnica de lascado habitual neses períodos prehistóricos, a ''extracción centrípeta discoide'' (que non leva consigo lascas predeterminadas). Pouco despois realizou unha profunda revisión do método Levallois a través do estudo destes e outros [[tipo lítico|obxectos arqueolóxicos]] e de [[talla lítica experimental|experiencias de talla]]. Boëda dedica gran parte dos seus traballos a establecer as diferenzas entre núcleos Levallois reiterativos centrípetos e os núcleos discoides de extracción centrípeta. Así mesmo propúxose establecer a relación entre o método Levallois clásico, para unha lasca preferencial, e este procedemento repetitivo. Tanto o núcleo Levallois reiterativo, coma o Discoide comparten unha estratexia de explotación centrípeta moi rendible; pero, mentres que o Levallois ten unha superficie principal de explotación escasamente cambada, case plana, o núcleo discoide tenas moi cambadas, practicamente (bi)piramidais ou, cando menos, claramente (bi)convexas. Isto débese a que a concepción volumétrica da técnica Levallois é peculiar: os núcleos Levallois centrípetos reiterativos teñen un plano de percusión circundante, preparado para obter unha boa morea de lascas predeterminadas, golpeando perifericamente; ademais, a cara de explotación é bastante plana, cunha preparación moi similar á dun núcleo Levallois clásico, o cal permite aproveitar ao máximo a súa superficie e obter lascas relativamente grandes e invasoras, reiteradamente. É dicir, mentres que nun núcleo non Levallois centrípeto bifacial ambas as caras son equivalentes, pois ambas as dúas se traballan para extraer lascas (de aí, a súa morfoloxía biconvexa, visto de perfil); un núcleo Levallois reiterativo, en troques, é planoconvexo porque cada cara ten unha función diferente: unha actúa de plataforma de percusión periférica e a outra de zona de explotación centrípeta.