Bebida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*malta>malte
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 51:
[[Ficheiro:Bombay-sapphire.jpg|miniatura|100px|Xenebra.]]
 
Trátase de todo líquido apto para consumo humano feito cun alto grao de alcois de uso alimentario. O [[alcol]] [[alcolalcohol etílico|etílico]] utilizado procede da [[destilación]], redestilación ou rectificación de líquidos obtidos de materiais vexetais amilanáceos ou azucrados autorizados sen fermentación alcólica nin cheiro ou sabor estraños. A elaboración destas bebidas a nivel comercial esixe aparatos especiais para mesturar o azucre ou a maceración, e nalgunhas mesmo un método para o control das perdas. Hai empresas que usan substancias naturais ou xaropes a maiores para darlle sabor e aroma ás [[augardente]]s de herbas. Todo o proceso de elaboración pode controlarse cun par de persoas e mais outra parella para o labor de embotellado. As empresas galegas son pequenas e con poucos traballadores e ás veces só figura coma único traballador o propietario. O sector tende cara a concentración en grandes grupos con potentes redes de distribución para poder frear a caída de beneficios pola queda do consumo e o a redución de marxes comerciais, obrigadas polas grandes centrais de compra e grupos de distribución. Isto vén dado polo papel das multinacionais que non dubidan en acaparar o mercado preexistente, mentres que os grupos nacionais prefiren con unirse con grupos estranxeiros. Co gallo de incrementar o consumo, o sector inviste moito anualmente en publicidade.
 
En Galicia hai un Consello Regulador da Denominación de Orixe para a augardente galega dende hai ben pouco que serve para regular a súa elaboración e promover produtos de calidade. Segundo a gradación distínguense augardentes simples, alcois destilados e alcois rectificados. Dependendo da materia prima usada e dos sistemas de obtención distínguense: holandas ou augardentes de [[viño]], flemas ou augardentes de uva, augardentes de cana, augardentes de [[melaza]]s de cana, augardentes de [[froita]]s, augardentes de [[cidra]] e augardentes de [[cereal|cereais]]. A nivel estatal, o liderato da produción lévano o [[brandy]], os [[licor]]es e logo o [[whisky]]. No consumo, o máximo é o do whisky e logo a brandy, a [[xenebra (bebida)|xenebra]], o [[ron]], o [[anís]] e a [[vodka]].