Brasilia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 37:
Foi inaugurada o [[21 de abril]] de [[1960]] polo presidente brasileiro [[Juscelino Kubitschek de Oliveira]]. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo de [[Distrito Federal]], ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dun [[país]] organizado baixo a forma de [[federación]] como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado de [[Goiás, Brasil|Goiás]], non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recibe o título de ''prefeito'', pero si o de ''governador'' (gobernador).
 
A cidade creceu máis que o planeado polo seus creadores. Polo seu proxecto, debía ter 500 mil habitantes como máximo. Pero, segundo o Censo de 20002010, tiña 45 veces máis: máis de 2,5 millóns de habitantes. A poboación máis pobre (no principio, os traballadores que a construían; despois outros inmigrantes de varias rexións do Brasil) foi morar en ''Cidades-Satélite''. Algúns exemplos destas cidades son Taguatinga, Guará, Gama e Ceilândia.
 
A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a BelemBelém-Brasilia (para o norte) e Brasilia-Acre (para a fronteira con [[Perú]] e [[Bolivia]]). Está a 920 km da cidade do [[ Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]] e a 1.020015 km de [[São Paulo]].
 
Tamén é sede dunha importante [[universidade]] pública, a Universidade de Brasilia.