Río Orange: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 14:
O '''río Orange''' é o segundo [[río]] máis importante do sur de [[África Austral|África]] despois do [[río Zambeze]] e o máis importante da [[república de Sudáfrica]]. Nace nos montes [[Drakensberg]] en [[Sudáfrica]] e percorre a fronteira entre este país e [[Lesotho]], a uns 193 km da costa do [[océano Índico]]. O río Orange encamíñase non obstante cara ao oeste, nun percorrido de 2.200 km, trazando a fronteira meridional da [[Provincia do Estado Libre]]. Posteriormente discorre delimitando a fronteira entre [[Namibia]] e Sudáfrica e desemboca no [[océano Atlántico]] na cidade de [[Alexander Bay]], a metade de camiño entre [[Walvis Bay]] e [[Cidade do Cabo]].
 
O seu afluente máis destacado é o [[río Vaal]], que tamén nace na cordilleira Drakensberg, ao leste de [[JohannesburgoXohanesburgo]] e forma a fronteira entre o [[Transvaal]] e o Estado Libre, antes de unirse co Orange ao sueste de [[Kimberley]]. Tras unirse co Vaal, o Orange percorre os terreos áridos e salvaxes do sur da rexión de [[Kalahari]] e [[Namaqualand]].
 
Durante os últimos 800 km do seu curso recibe moitos regueiros intermitentes e varios [[wadi]]s. O volume do caudal redúcese considerablemente debido á evaporación. Na estación de chuvias, o Orange convértese nun impetuoso torrente.
Liña 20:
O río foi descuberto por europeos en [[1760]] e foi bautizado co nome da [[Casa de Orange]] dos [[Países Baixos]] arredor de [[1777]]-[[1779|79]].
 
[[Categoría:Ríos de SuráfricaSudáfrica|Orange]]
[[Categoría:Ríos africanos do Atlántico sur]]