Cnidoblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Non confundir|pneumatocistopneumatociste}}
[[Ficheiro:Grafik Nesselzelle gl.png|miniatura|Cnidoblasto mostrando no seu interior o seu cnidocistocnidociste.]]
Un '''cnidoblasto''', tamén chamado '''cnidocito''' ou '''nematocito''' é unha [[célula (bioloxía)|célula]] urticante característica da epiderme dos animais [[cnidarios]] (medusas, anemones, corais, hidras), que cando se toca explota liberando veleno contido nun [[orgánulo]] secretor xigante chamado '''cnidociste''', '''cnida''' ou '''nematociste'''. Debe terse presente a diferenza terminolóxica indicada entre a célula completa e o orgánulo que se dispara e segrega e inxecta o veleno. Os cnidocistoscnidocistes que posúen os cnidocitos utilízanse para a captura das presas e a defensa dos depredadores. Malia que estes animais son morfoloxicamente simples, carecen de esqueleto e teñen unha fase sésil, os cnidarios poden depredar [[peixes]] e [[crustáceos]]. Estas células son as responsables das picaduras que producen as medusas.
 
== Estrutura e función ==
[[Ficheiro:Nematocyst-discharged.png|miniatura|dereita|Un nematociste descargado visto con [[microscopio electrónico de varrido]].]]
 
Os cnidoblastos conteñen un orgánulo chamado cnidocistocnidociste (que os hai de varios tipos), que xeralmente está constituído por unha cápsula con forma de bulbo que contén unha estrutura tubular oca enroscada. Os filamentos poden ter extremo aberto ou pechado acabado en dardo, en maza, ser uniforme, estar enrolados en espiral compacta, ter espiñas, conter substancias pegaxosas, e ter paredes máis ou menos finas. Os cnidocitos inmaduros denomínanse ás veces cnidoblastos, pero nalgunhas obras non se fai esa distinción. O lado orientado ao exterior da célula ten unha especie de pelo chamado cnidocilio, que serve de gatillo para disparar o cnidocistocnidociste. Cando se activa este gatillo, a estrutura tubular do cinidocisto sae exectada a gran velocidade e no caso dos nematocistes penetrantes, o túbulo penetra no organismo que fixo disparar o mecanismo. Esta descarga non leva máis duns poucos [[microsegundo]]s, e pode acadar [[aceleración]]s dunha 40.000 [[forza g|''g'']].<ref name="Holstein+1984">{{cite journal | author =Holstein T., Tardent P. | title =An ultrahigh-speed analysis of exocytosis: nematocyst discharge | journal =Science | volume =223 | issue =4638 | pages =830–833 | year =1984 | url = | doi =10.1126/science.6695186 | pmid =6695186 | accessdate = 2012-11-11}}</ref><ref name="Kass-Simon+2002">{{cite journal | author =Kass-Simon G., Scappaticci A. A. Jr | title =The behavioral and developmental physiology of nematocysts | journal =Canadian Journal of Zoology | volume =80 | issue = | pages =1772–1794 | year =2002 | url =http://www.biochem.uci.edu/steele/Kass-Simon.pdf | doi =10.1139/Z02-135 | accessdate = 2012-10-25}}</ref> Investigacións recentes indican que o proceso ocorre en só 700 nanosegundos, e a aceleración chega a 5.410.000 ''g''.<ref name="Timm+2006">{{cite journal | author =Nüchter Timm, Benoit Martin, Engel Ulrike, Özbek Suat, Holstein Thomas W. | title =Nanosecond-scale kinetics of nematocyst discharge | journal =Current Biology | volume =16 | issue =9 | pages =R316–R318 | year =2006 | url =http://www.cell.com/current-biology/fulltext/S0960-9822(06)01422-9 | doi =10.1016/j.cub.2006.03.089 | accessdate = 2012-10-25}}</ref> Despois da penetración, o contido tóxico do nematociste inxéctase no organismo obxectivo, o que o paralizará ou matará e isto permitirá que os cnidarios o devoren. O líquido que está dentro do cnidocistocnidociste contén aminoácidos e outros ácidos, algunhas proteínas, a miúdo con efectos tóxicos, e concentracións altas de [[péptido]]s como o [[ácido poli-gamma-glutámico]].
 
=== Mecanismo de descarga ===
[[Ficheiro:nematocyst discharge.png|miniatura|Diagrama dun cnidoblasto ou nematocito no que se representa a descarga do seu cnidocistocnidociste ou nematociste.]]
 
A cápsula do cnidocistocnidociste almacena unha gran concentración de ións clacio, que se liberan desde a cápsula ao [[citoplasma]] do cnidoblasto cando se activa o gatillo. Isto causa un gran [[gradiente de concentración]] de calcio entre o cnidoblasto e a membrana plasmática. A [[presión osmótica]] resultante causa un influxo rápido de auga cara ao interior da célula. Isto incrementa o volume de auga no citoplasma, o cal forza que o túbulo enrolado do cnidocistocnidociste saia exectado rapidamente. Antes da descarga os túbulos enrolados do cnidocistocnidociste están dentro da célula nun estado invertido (coa parte interna por fóra). A presión por detrás resultante da entrada de auga na célula xunto coa abertura do extremo da cápsula ou opérculo, desencadea a eversión forzada do túbulo do cnidocistocnidociste, causando que se poña recto á vez que emerxe a toda velocidade con forza dabondo como para cravarse na súa presa.
 
Outras hipóteses consideran que o ácido gamma-poliglutámico e un gradiente protónico a través da membrana do cisto teñen un importante papel no mecanismo de disparo.<ref>S. Berking, K. Herrmann: Formation and discharge of nematocysts is controlled by a proton gradient across the cyst membrane. Helgol. Mar. Res. 60(2006)180-188 ([http://www.uni-koeln.de/math-nat-fak/zoologie/expmorph/morph/agberking/publikationen/nematos_marine_research_12_05.pdf PDF])</ref>
Liña 17:
=== Detección de presas ===
 
Como os cnidoblastos son células dun só uso, e isto supón un custo de enerxía grande, para regular a súa descarga, os cnidocitos están conectados como "baterías", que constan de varios tipos de cnidoblastos conectados a células de soporte e neuronas. As células de soporte conteñen [[quimiosensor]]es, os cales, xunto co [[mecanorreceptor]] do cnidoblasto (o cnidocilio), só permiten que unha correcta combinación de estímulos cause a descarga, como unha presa nadando, e os compostos químicos da cutícula das presas ou tecidos cutáneos. Isto impide que os cnidarios se piquen a si mesmos aínda que os cnidocistoscnidocistes desprendidos poden ser inducidos a dispararse independentemente.
 
== Tipos de cnidocistoscnidocistes ==
Existen uns 30 tipos que se poden subdividir en 50 ou 60 subtipos morfolóxicos de cnidocistoscnidocistes nos cnidarios, que son importantes na sistemática destes animais. Porén, non hai un sistema uniforme de clasificación dos cnidocistoscnidocistes universalmente admitida. Algúns grupos de cnidarios teñen á vez varios tipos de cnidocistoscnidocistes; por exemplo, as ''[[Hydra (animal)|Hydra]]'' de auga doce teñen catro tipos de cnidocistoscnidocistes. O conxunto de células urticantes dunha especie e a súa distribución no corpo denomínase cnidoma.
 
Unha forma de clasificar os cnidocistoscnidocistes é polo seu modo de funcionamento. Uns crávanse na presa, outros péganse a ela e outros envólvense arredor da presa. Hai, pois, tres grupos:
# Penetrantes: teñen unha estrutura con forma de arpón usada para penetrar, e denomínanse '''nematocistes'''.
# Glutinantes: teñen unha superficie pegaxosa utilizada para adherirse ás presas, e denomínanse '''pticocistos''' e encóntranse en anemones que se enterran (en tubos), do grupo dos [[Ceriantarios]], e axudan a crear o tubo no que vive o animal. Non serven para a defensa. O tubo do cnidocistocnidociste non é espiral senón que está pregado en zigzag.
# Volventes: teñen unha especie de cordón con forma de lazo que se dispara para envolver a presa enroscándose ao seu arredor, e denomínanse '''espirocistos'''. A parede da cápsula é delgada, a diferenza dos nematocistes. O túbulo do cnidocistocnidociste enrólase como un resorte helicoidal e con pugas, e non teñen cnidocilios como mecanismos de activación.
 
O nematociste é o tipo máis estudado e coñecido, polo que nun sentido amplo o termo se usa moitas veces como sinónimo de cnidocistocnidociste. Nun sentido máis restrinxido, os nematocistes son un dos tres tipos de cnidocistoscnidocistes, xunto cos pticocistos e espirocistos.
 
== Toxicidade dos nematocistes ==
 
Os cnidocistoscnidocistes son armas moi eficientes. Demostrouse en experimentos que un só cnidocistocnidociste é suficiente para paralizar un [[artrópodo]] pequeno (larva de ''[[Drosophila]]''). Os cnidocitos máis perigosos (para os humanos, polo menos) téñenos as [[cubozoos|cubomedusas]].<ref name="pmid16928389">{{cite journal |author=Tibballs J |title=Australian venomous jellyfish, envenomation syndromes, toxins and therapy |journal=Toxicon |volume=48 |issue=7 |pages=830–59 |date=December 2006 |pmid=16928389 |doi=10.1016/j.toxicon.2006.07.020 |url=}}</ref><ref name="pmid17688901">{{cite journal |author=Brinkman D, Burnell J |title=Identification, cloning and sequencing of two major venom proteins from the box jellyfish, Chironex fleckeri |journal=Toxicon |volume=50 |issue=6 |pages=850–60 |date=November 2007 |pmid=17688901 |doi=10.1016/j.toxicon.2007.06.016 |url=}}</ref><ref name="pmid18243272">{{cite journal |author=Brinkman D, Burnell J |title=Partial purification of cytolytic venom proteins from the box jellyfish, Chironex fleckeri |journal=Toxicon |volume=51 |issue=5 |pages=853–63 |date=April 2008 |pmid=18243272 |doi=10.1016/j.toxicon.2007.12.017 |url=}}</ref> Un membro deste grupo, a avespa de mar ''[[Chironex fleckeri]]'' considérase "o animal mariño máis velenoso coñecido", segundo o [[Instituto Australiano de Ciencias Mariñas]]. Pode causar unha gran dor nos humanos, e pode provocar en ocasións a morte. Outros cnidarios, como a medusa ''[[Cyanea capillata]]'' ou o [[hidrozoo]] ''Physalia physalis'' ([[carabela portuguesa]]) poden tamén causar unha gran dor e ás veces son mortais. Por outra parte, as [[anemone]]s de mar gregarias son uns dos cnidarios que teñen unha picadura máis leve, quizais debido á incapacidade dos seus cnidocistoscnidocistes de penetrar na pel, creando unha sensación similar á de tocar candeas pegaxosas. Ademais de para alimentarse e defenderse, as anemones de mar e as colonias de coral usan os cnidocistoscnidocistes dos seus cnidoblastos para picarse unhas a outras e defender o seu territorio ou gañar espazo.<ref>http://www.youtube.com/watch?v=WQEiYWGitKs</ref>
 
O [[veleno]] de animais como os cnidarios, [[escorpión]]s e [[araña]]s é específico de especie. Ademais, substancias que son debilmente tóxicas para os humanos poden ser moi tóxicas para as pequenas presas naturais dalgúns cnidarios ou para os depredadores que os queren comer a eles. Esta especificidade foi utilizada para crear novas medicinas e bioinsecticidas.
 
Certos tipos de [[nudibranquio]]s (moluscos) como os [[aeólidos]], conservan os cnidocistoscnidocistes das presas que dixiren (hidrozoos). Estes cnidocistoscnidocistes denomínanse cleptocnidas, e despois de pasaren polo seu apareto dixestivo, almacénanos no extremo dos seus [[cerata]] dorsais.
 
==Notas==