Xerome de Estridón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Liña 24:
Os seus últimos 35 anos pasounos nunha gruta, xunto á Cova de [[Belén]]. Varias das ricas matronas romanas que el convertera coas súas predicacións e consellos, venderon os seus bens e fóronse tamén a Belén a seguir baixo a súa dirección espiritual. Co diñeiro desas señoras construíu naquela cidade un convento para homes e tres para mulleres, e unha casa para atender aos que chegaban de todas partes do mundo a visitar o sitio onde naceu [[Xesús]]. Escribiu contra as diferentes herexías con tremenda enerxía.
 
== A [[Vulgata]] ==
[[Ficheiro:CodexBeneventanusFolio5rJeromeLetter.jpg|miniatura|esquerda|200px|Folio dunha carta de San Xerome ao Papa Dámaso do ''Codex Beneventanus''.]]
As traducións da Biblia que existían nese tempo (chamadas actualmente "Vetus Latina") tiñan moitas imperfeccións de linguaxe e varias imprecisións ou traducións non moi exactas. Xerome, que escribía con grande elegancia o latín, traduciu a este idioma toda a Biblia, e esa tradución chamada "[[Vulgata]]" (ou tradución feita para o pobo ou vulgo) foi a Biblia oficial para a [[Igrexa Católica Latina]] durante 15 séculos, ata a promulgación da ''Neovulgata'' no ano [[1979]].
 
Foi un soado estudoso do latín nunha época na que iso implicaba dominar o grego. Sabía algo de hebreo cando comezou o seu proxecto de tradución, pero mudouse a Belén para perfeccionar os seus coñecementos do idioma. Comezou a tradución no ano [[382]] corrixindo a versión latina existente do [[Novo Testamento]]. Aproximadamente no ano [[390]] pasou a traballar no [[Antigo Testamento]] en hebreo. Completou a súa obra no ano [[405]].