Cnidoblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
 
A cápsula do cnidocisto almacena unha gran concentración de ións clacio, que se liberan desde a cápsula ao [[citoplasma]] do cnidoblasto cando se activa o gatillo. Isto causa un gran [[gradiente de concentración]] de calcio entre o cnidoblasto e a membrana plasmática. A [[presión osmótica]] resultante causa un influxo rápido de auga cara ao interior da célula. Isto incrementa o volume de auga no citoplasma, o cal forza que o túbulo enrolado do cnidocisto saia exectado rapidamente. Antes da descarga os túbulos enrolados do cnidocisto están dentro da célula nun estado invertido (coa parte interna por fóra). A presión por detrás resultante da entrada de auga na célula xunto coa abertura do extremo da cápsula ou opérculo, desencadea a eversión forzada do túbulo do cnidocisto, causando que se poña recto á vez que emerxe a toda velocidade con forza dabondo como para cravarse na súa presa.
 
Outras hipóteses consideran que o ácido gamma-poliglutámico e un gradiente protónico a través da membrana do cisto teñen un importante papel no mecanismo de disparo.<ref>S. Berking, K. Herrmann: Formation and discharge of nematocysts is controlled by a proton gradient across the cyst membrane. Helgol. Mar. Res. 60(2006)180-188 (PDF)</ref>
 
=== Detección de presas ===