Cnidoblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
{{Non confundir|pneumatocisto}}
[[Ficheiro:Grafik Nesselzelle gl.png|miniatura|Cnidoblasto mostrando no seu interior o seu cnidocisto (lendas en alemán).]]
 
[[Ficheiro:Nematocyst.jpg|miniatura|Micrografía Nomarski dun nematocisto tinguido con [[vermello de rutenio]] da [[anemone]] ''[[Aiptasia]] pallida''. A tinguidura vermella tingue as proteínas do veleno polianiónico que se encontran dentro da cápsula deste nematocisto parcialmente descargado.]]
 
Un '''cnidoblasto''', tamén chamado '''cnidocito''' ou '''nematocito''' é unha [[célula (bioloxía)|célula]] característica dos animais [[cnidarios]] (medusas, anemones, corais, hidras), que cando se toca explota liberando veleno contido nun [[orgánulo]] secretor xigante chamado '''cnidocisto''', '''cnida''' ou '''nematocisto'''. Debe terse presente a diferenza terminolóxica indicada entre a célula completa e o orgánulo que se dispara e segrega e inxecta o veleno. Os cnidocistos que posúen os cnidocitos utilízanse para a captura das presas e a defensa dos depredadores. Malia que estes animais son morfoloxicamente simples, carecen de esqueleto e teñen unha fase sésil, os cnidarios poden depredar [[peixes]] e [[crustáceos]]. Estas células son as responsables das picaduras que producen as medusas.