Arte marcial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
A historia dos sistemas de loita remóntase á antigüidade. Porén, non ata o [[século XIX]] cando xorde o concepto moderno de artes marciais. A orixe do concepto de artes marciais está relacionado coa irrupción da [[idade moderna]] en [[Extremo Oriente|extremo oriente]] no século XIX. Este fenómeno supuxo a transformación das estruturas sociais [[feudalismo|feudais]], o emprego das [[arma de fogo|armas de fogo]] que facían perder vixencia ás formas tradicionais de loita. O nome marcial, provén de [[Marte (deus)|Marte]], o deus da guerra romano. As artes marciais orientais, nalgúns casos, practicábanse en círculos pechados ou eran distintivas dunha [[elite]] relacionada coa [[milicia]] e a [[nobreza]], como foi o caso dos guerreiros [[samurai]]<ref name=repetida_2>R. W. Patterson: «Bushido’s role in the growth of pre-World War II japanese nacionalism», en el ''Journal of Asian Martial Arts'', vol.&nbsp;17, n.º&nbsp;3, 2008</ref><ref name=repetida_1>B. D. Victoria: ''Zen at war'', 2006</ref>, e o seu contido ía moito máis aló do que constituía o adestramento das tropas. Na [[China]] de finais do [[século XIX]] víase ás artes marciais e ós seus practicantes con desprezo, debido ó auxe do [[confucianismo]].<ref>D. Graff y R. Higham: ''A military history of China'', 2002.</ref>
Cando as artes militares tradicionais perderon o seu lugar crucial no dominio da sociedade e a defensa do país, transformáronse nunha opción para o desenvolvemento da nación co obxecto de mellorar física e espiritualmente á poboación.
Na actualidade as artes marciais tradicionais orientais aínda inclúen a práctica dun código ético preciso que ten as súas raíces no [[confucianismo]] chinés, o [[sintoísmoxintoísmo]] xaponés e a espiritualidade do [[budismo zen]] ([[chan]] 禪). Ademais, algunhas artes marciais, como o [[tai chi chuan]], son unha práctica para mellorar a saúde física e mental.
 
=== Historia ===
Liña 35:
[[Ficheiro:Korean staff.jpg|miniatura|200px|dereita|Escena do libro [[Muye Dobo Tongji]].]]
Na península coreana a evidencia máis antiga de práctica marcial aparece en tumbas preto da fronteira noreste de China baixo o reino de [[Koguryo]] ([[-27]] a [[668]]), a cal caeu baixo o control militar chinés entre o [[-108]] e o [[313]].
Nestes frescos vense escenas de loita (''jueli'' en chinés ou ''kajko'' en coreano). O rei Sunjo (1567 a 1608) ordena ós seus oficiais o estudo do libro escrito polo xeneral chinés [[Qi Jiguang]], e a preparación dun libro similar copiando os métodos dos soldados da dinastía Ming. O rei Jungjo (1776 a 1800) ordena expandir o manual usado polo exército, para incluír as técnicas de combate dos xaponeses. Este libro titúlase ''[[Muye Dobo Tongji]]'' (manual ilustrado de artes marciais). Na introdución deste libro o rei Jungjo escribe que o único sistema de combate oficial dende o reinado do rei Kwanhaekun (1608 a 1623) era a práctica do tiro con arco.<ref>Muye Dobo Tongji: ''The comprehensive illustrated manual of martial arts of ancient Korea''. S. H. Kim.</ref> Os sistemas de combate coreano como o ''[[tang soo do]]'' (man da dinastía Tang), ''[[hwa rang do]], [[taekkyon]], neikung, [[kumdo]], [[kuk sool won]]'', etc. afirman ser totalmente coreanos e con centos de anos de antigüidade.
 
== Artes marciais orientais ==