Borriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Cambiouse a categoría «Concellos de Castelló» pola categoría «Concellos da provincia de Castelló».
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
sitio web = [http://www.burriana.es/ilive/Main Ajuntament de Borriana] |
}}
'''Borriana''' (en [[lingua castelá|castelán]] e tamén oficial: ''Burriana'') é un municipio do [[País Valenciano]], capital da comarca da [[Plana Baixa]]. O termo municipal de Borriana situase ao norte da comarca, e ten coma límites polo oeste as localidades de [[Les Alqueries]] e [[Vila-real]], polo sur a localidade de [[Nules]] e polo norte a localidade de [[Almassora]], que fan de límite municipal das respectivas localidades ao leito do [[río Millars]], que non separa só os termos municipais, senón tamén as comarcas da [[Plana Alta]] e a [[Plana Baixa]].
 
== Xeografía ==
Sitúase esta localidade fronte á costa do [[mar Mediterráneo]], na parte máis cha da [[Comarcas do País Valenciano|comarca]] da [[Plana Baixa]] e rodeada de campos de [[laranxeira]]s.
 
Borriana conta con 15 [[km]] de costa cha, lineal e continua. A praia principal de Borriana, El l'Arenal, é moi ampla, de area fina e con mínima pendente. Na zona marítima, a poboación aglutinada e diseminada é importante, sobre todo durante a época estival na cal chega a triplicarse. Referente turístico para as poboacións limítrofes, como [[Vila-real]], dispón dunha importante poboación desprazada durante o verán. A praia dista 1,5 km do centro da cidade.
 
Esta zona marítima conta cun porto que na actualidade utilízase para actividades pesqueiras. A construción deste foi motivada polo auxe da industria da laranxa que foi unha actividade importante no resto da plana e indubidabelmente nesta poboación.