Duma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
 
== A Duma de Estado durante o Imperio Ruso ==
{{AP|Duma Imperial de Rusia]]
Baixo a presión da [[Revolución rusa de 1905]], o [[6 de agosto]] de [[1905]], o tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] publicitou un manifesto acerca da convocatoria da Duma, que inicialmente se cría que sería só un órgano consultivo.o En dito [[Manifesto de Outubro]] o tsar comprometeuse a introducir liberdades civís básicas, a proporcionar unha participación máis alta na Duma Estatal e a dotar a Duma de poderes lexislativos e sobresemento. Aínda que Rusia estaba lonxe de ser unha democracia, a Duma Estatal é comparada coa cámara baixa dun parlamento, e o Consello de Estado do Imperio Ruso coa cámara alta.
Porén, [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] estaba decidido a manter o seu poder autocrático. Xusto antes da creación da Duma, en maio de [[1906]], o tsar promulgou unhas leis fundamentais que contradicían o Manifesto de Outubro en varios aspectos. Indicábase en parte que os ministros do tsar non podían ser designados póla Duma e non tiñan que responder ante ela, negando así o goberno representativo en canto ao poder executivo se refire. Ademais, o tsar tiña o poder de disolver a Duma e anunciar novas eleccións cando o desexase.