Franklin D. Roosevelt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 151:
Nos feitos, malia non participar na guerra directamente, estableceu un fluído abastecemento de armas de guerra para os seus aliados e, por contrapartida dereitamente impediu iguais condicións para coas [[Potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial|potencias do Eixe]], por exemplo o bloqueo de hidrocarburos cara a [[Xapón]].
 
A pantasma da guerra presentouse co [[ataque a Pearl Harbor]] proveniente do mando xaponés á base militar en Oahu [[Pearl Harbor]] no Pacífico no ano [[1941]]. Ante esta agresión, Roosevelt declarou ante o Congreso que ese día sería coñecido como o día da infamia e pediu o [[declaración de guerra|estado de guerra]] ao Congreso. Actuou firme e enerxicamente en todos os aspectos necesarios para levar ao seu país e a súa industria a un óptimo esforzo de guerra.
 
Aprobou presupostos de guerra destinados non só a reconstruír os acoirazados afundidos en Pearl Harbor senón tamén á implantación dunha flota superior á que se tiña á entrada da guerra. Propuxo e apoiou a [[Incursión Doolittle]] como primeira resposta ofensiva ao territorio xaponés en marzo de 1942 e mantivo un forte ascendente sobre o alto mando das forzas armadas.
Liña 158:
[[Ficheiro:Estampilla de Franklin D. Roosevelt.jpg|miniatura|140px|esquerda|Selo postal de Arxentina en honor a Roosevelt.]]
 
Partidario da vía diplomática e de manter contactos persoais cos políticos aliados, entrevistouse en varias ocasións, por separado e conjuntamenteconxuntamente, con [[Winston Churchill]] e [[Stalin]] para conseguir acordos ao finalizar a [[Segunda Guerra Mundial]] na chamada [[Conferencia de YaltaIalta]]. Nesta liña e de acordo co seu desexo de lograr un entendemento pacífico entre os distintos países, promoviópromoveu a creación dunha [[Organización das Nacións Unidas]] (ONU). No seu labor político, ademais, destaca o importante papel xogado pola súa esposa Eleanor.
 
Aínda que tiña coñecementos do [[proxecto Manhattan]] sobre o desenvolvemento da [[bomba atómica]], non alcanzou a administrar o seu uso.
 
Na tarde do 12 de abril de 1945, Roosevelt dixo: "Sento unha terrible dor na parte traseira da miña cabeza". Logo caeu cara adiante da súa cadeira, inconsciente, e foi levado ao seu dormitorio. Segundo o Dr. Howard Bruenn, o presidente foi diagnosticado dunha hemorragiahemorraxia cerebral masiva, e faleceu ás 3:35 p.m. ese mesmo día, ás portas do fin do conflito, sen ver concluída a [[Segunda Guerra Mundial]] e sen lograr un acordo co cada vez máis poderoso Stalin.<ref>http://www.cnsspectrums.com/aspx/articledetail.aspx?articleid=605</ref>
 
A morte impediulle completar o seu último mandato tralas eleccións de novembro de 1944. Trátase do único presidente, tras romper ''a tradición'' establecida por [[George Washington]] de non ser elixido por máis de dous mandatos (ou non reelixirse máis dunha vez), que [[Reelección presidencial|gobernou durante catro mandatos]] (1933-1945). En 1947 o [[Congreso dos Estados Unidos|Congreso]] aprobou a [[Vixésimo-segunda Enmenda á Constitución dos Estados Unidos|Vixésimo-segunda Enmenda]] que [[Límite de mandatos|limitaba a dous os mandatos]] do [[Presidente dos Estados Unidos|Presidente]]. Sucedeu a Roosevelt no cargo o entón vicepresidente [[Harry Truman]].