Midland F1 Racing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Modificado: nl:Spyker MF1
"Sen embargo" é un castelanismo xa non admitido.
Liña 30:
Nesta tempada, a escudería mantivo o nome de Jordan, e pasou por ela sen pena nin gloria cos pilotos [[Tiago Monteiro]] e [[Narain Karthikeyan]] rematando as carreiras na parte baixa das clasificacións. O máis destacado foi o terceiro posto de Monteiro no [[Gran Premio dos Estados Unidos de 2005|Gran Premio dos Estados Unidos]], onde tódalas escuderías que calzaban pneumáticos [[Michelin]] negáronse a participar, e a sorprendente xeira de carreiras rematadas deste mesmo piloto, amosando unha grande fiabilidade do monopraza [[Jordan EJ-15|EJ-15]], que levaba un motor [[Toyota Racing|Toyota]] RVX-05 3.0 V10, e pneumáticos [[Bridgestone]].
 
Sen embargoPorén, e por mor dos discretos resultados conseguidos durante toda a tempada, constantemente saíron rumores de venda por parte de Shnaider a outros inversores interesados moi fortes, aínda que sempre foron desmentidos polo propio magnate ruso-canadiense ou dende o propio equipo.<ref>{{es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=87026 Shnaider desminte o rumor da venda de Jordan o 22 de maio de 2005]</ref><ref>{{es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=88164 Jordan desminte o rumor de venda o 1 de xuño de 2005.]</ref><ref>{{es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=98979 "Shnaider podería vender Jordan", o 23 de setembro de 2005 en f1racing.net]</ref><ref>{{es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=102241 Jordan volve a desmentir o rumor de venda o 27 de outubro de 2005]</ref> Estes rumores víronse alimentados pola marcha do anterior Xefe de Equipo, [[Trevor Carlin]], tras sete carreiras, e do Deseñador e Enxeñeiro Xefe [[Mark Smith]] ó remate da tempada.
 
== A tempada de 2006 ==
Liña 36:
[[Image:Tiago Monteiro 2006 April.jpg|left|300px|thumb|[[Tiago Monteiro]] conducindo o seu [[Midland M16]] en abril de 2006.]]
 
O nome foi trocado a '''Midland F1 Racing''' de cara á [[Campionato mundial de Fórmula 1 de 2006|tempada 2006]], e inicialmente estaba previsto que [[Dallara]] fora quen construíra o [[chasis]]. Sen embargoPorén, o acordo entre ambas partes esnaquizouse a finais do ano [[2005]] durante a fase de deseño, alegando dende a escudería rusa que tiñan a capacidade suficiente, tras merca-las propiedades de Jordan que aínda non tiñan, como o [[túnel de vento]], para construí-lo seu propio chasis.<ref>{{es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=103335 Midland e Dallara rematan o programa conxunto, en f1racing.net]</ref> Isto fixo que [[James Key]] fora ascendido a Director Técnico.
 
O desenvolvemento propio deu como resultado ó ''[[Midland M16]]'', equipado cun [[motor V8]] deseñado por [[Toyota Racing|Toyota]], o RVX-06 2.4 V8, e de novo con pneumáticos [[Bridgestone]]. As cores do [[monopraza]] coincidían coas cores da imaxe corporativa do Grupo Midland, o vermello, o branco e o negro.
Liña 46:
No plano deportivo, o ano da escudería foi un desastre. Non lograron ningún punto en toda a tempada, e no Campionato de Construtores só lograron quedar na décima posición, por diante de [[Super Aguri]], única escudería á que conseguiron superar de maneira constante. Ademáis, loitaron ocasionalmente con [[Red Bull Racing]] e [[Scuderia Toro Rosso|Toro Rosso]], chegando a quedar en mellor posto que esta última escudería nalgúns eventos. Na mitade da tempada comezaron a amosar un progreso relativo, debido á mellora de rendimento dos pneumáticos subministrados por [[Bridgestone]], xunto ós avances en [[aerodinámica]] e na facilidade de conducción da man de [[Simon Philips]] e de [[Richard Fritz]] respectivamente, chegando a partir dunha diferenza de catro segundos coa cabeza de carreira ó comezo do ano a rematalo cunha diferenza de dous.
 
Grazas a estes progresos, nalgúns Grandes Premios lograron acada-la segunda rolda nas [[Calificación de Fórmula 1|calificacións]] para a grella de saída, chegando a saír no posto 14 de 22. Sen embargoPorén, os postos conseguidos non serviron para moito en carreira, xa que estiveron involucrados en bastantes accidentes na primeira volta, destacando os casos de Mónaco, Indianápolis e Montreal; e incluso foron descalificados en Alemaña por montar un alerón trasero flexible, non permitido polas [[Normas e regulacións da Fórmula 1|normas]] da [[FIA]] para a categoría.
 
== A venda da escudería a Spyker Cars==