Pantín Classic: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3986817
→‎Historia: imaxe pantín classic pro
Liña 19:
 
==Historia==
[[File:Pantín Classic Pro surf Valdoviño.jpg|thumb|Pantín Classic Pro.]]
Nos anos 1980 xa había na zona de Ferrol unha importante afección ao surf e ás súas variantes. Estes afeccionados recibían un importante pulo tódolos veráns ca visita de turistas estranxeiros que achegábanse ata as costas de Ferrol seguindo a liña de costa do norte de España. As praias de Doniños, San Xurxo, A Frouxeira e Covas eran coñecidas fora de Galiza. Aínda sendo un deporte elitista e limitado a estamentos sociais moi concretos o surf gañou en difusión. En decembro de 1987 o grupo de afeccionados formado por [[Vicente Irisarri]] (que sería alcalde de Ferrol), Carlos Bremón, Gonzalo Barro, Carmen Aguilar e Fernando Montalvo crean o [[Océano Surf Club]], o primeiro club de surf de Galiza<ref>[http://valenciasurf.com/2011/05/10/pantin-classic-historia-del-surf-en-el-norte-de-espana/ Pantín Classic. Historia del surf en el norte de España. valenciasurf.com]</ref>. Co apoio e os contactos axeitados foron quen de poñer en marcha unha competición de surf aproveitando o final do verán e que ás costas achegábanse surfeiros de toda Europa. O lugar elixido foi a praia de Pantín en [[Valdoviño]]. Un areal de mar aberto afastado da especulación urbanística e case virxe. A nova iniciativa, a praia de Pantín está a 20 km do centro de Ferrol, completouse cunha intelixente promoción. Durante o verán uns chamativos carteis con imaxes de surf podíanse ver nas tendas de material deportivo de Ferrol.