Aguia real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Almaffi (conversa | contribucións)
Engadir contido
Liña 51:
Historicamente a especie sufriu un forte descenso entre os anos 1960 e 1990. Posteriormente grazas as medidas conservacionistas a especie entrou nun fase máis estable e nalgunhas zonas, de lixeiro crecemento. No 2008 a SEO estimaba a poboación da aguia real dunhas 1553-1769 parellas. Catro comunidades autónomas: Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha e Castela e León contaban co 70% de dita poboación. Aínda que A Rioxa, Navarra e a Comunidade Valenciana presentaban uns mellores datos de densidade.<ref>El aguila real en España. Población reproductora en 2008 y método de censo. Proyecto promovido y
publicado por SEO/Birdlife{{es}}</ref>:
 
== Conservación ==
=== En España ===
Son numerosos os factores que afectan negativamente as poboacións de aguia real
en España.
Provocan mortes de individuos ó longo do ano a presenza das liñas eléctricas, a persecución directa,
o uso indiscriminado de veleno, as mortes por disparo ou as accións de espolio.
Ademais existen factores que impiden o correcto desenrolo da especie coma por exemplo a diminución da dispoñibilidade do alimento(especialmente trala propagación da neumonía hemorráxica vírica entre a poboación de coello) ou as molestias ocasionadas na época de cría debida as ofertas de lecer ligadas ó turismo rural ou a deportes de montaña coma a escalada.
Finalmente a pesar de ser incluída en numerosos catálogos rexionais de especies ameazadas, ningunha rexión española ten elaborado plans de recuperación específicos.<ref>Águila Real. Atlas de las aves reproductoras. Bernardo Arroyo{{es}}</ref>:
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns Externas ===
* [http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/especies-extintas-galiza-65-corren-risco-seguir-mesmo-camino/20140413124455026284.html A aguia real: unha das especies máis ameazadas en Galicia]
 
[[Categoría:Acipítridos]]