Forraxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:HeuRindernahrung.jpg|300px|miniatura|Becerros comendo forraxe.]]
'''Forraxe''' é unha denominación colectiva que abrangue calquera [[herba]], verde ou seca, que se sega para dar de comer ó [[gando]]. Existen plantas herbáceas especificamente cultivadas a tal fin, como a [[alfalfa]], o [[trevo]] ou o [[raigrás]], e outras que se poden sementar para colleitar en verde, para forraxe, ou en seco, para aproveita-lo gran, como é o caso do [[millo]] ou do [[centeo]]. Tamén se pode destinar a forraxe a herba das prados naturais en épocas nas que non se utilicen para [[pasto]] directo.
 
É posible utilizar para alimentación animal outros produtos vexetais, normalmente subprodutos da [[agricultura]] ou da [[alimentación]] humana (como froitas ou [[pataca]]s pequenas ou meradas, [[fariña]] ou farelo, tonas de pataca, os pendóns do millo, as follas dos [[nabo]]s, ramallos de certas árbores, etc.) así como, por suposto, o [[penso composto]], pero estes produtos non se deben considerar forraxe.