Tim Burton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
== Vida ==
Burton é o primeiro dos dous fillos de Bill Burton e Jean Erickson. O seu ano de nacemento é decotío confundido con 1960, notablemente nos seus propios libros ''[[The Melancholy Death of Oyster Boy & Other Stories]]'' e no libro de deseños de ''The Nightmare Before Christmas''. Burton describiu a súa infancia como excéntrica, absorta e altamente imaxinativa. Sendo neno e crecendo en Burbank, representou un asasinato con hacha co seu irmán para asustar ós veciños, o que provocou que chamaran á policía. Repetiu a broma de novo con resultados similares. Encontraba a vida familiar e a escola difíciles, e ás veces escapaba da realidade da vida cotiá vendo películas de horror ou de baixo presuposto, ás que máis tarde rendería tributo na [[Ed Wood (película)|súa biografía]] de [[Ed Wood]]. Outra figura do cine de importancia para a infancia de Burton é [[Vincent Price]], que influiría fortemente coa súa filmografía na futura carreira do director. Tamén estivo inspirado nas películas de animación en "stop-motion" de [[Ray Harryhausen]].
 
Despois do paso polo instituto gañou unha bolsa de [[Disney]] para asistir ó [[California Institute of the Arts|Instituto de Arte de California]] en [[Valencia, California|Valencia]] ([[California]]), onde estudou [[animación]] durante tres anos. O seu primeiro traballo como animador foi traballar como pintor de celas da primeira adaptación de ''[[O Señor dos Aneis (película 1978)|O Señor dos Aneis]]'' de [[Ralph Bakshi]]. Burton foi contratado despois polos [[Walt Disney Animation Studios|Estudios de Animación Walt Disney]] como un aprendiz de animación. O seu traballo era debuxar para ''The Fox and the Hound'', pero quedou insatisfeito coa dirección artística da película. Despois comentou na decisión de Disney de rexeitar os seus deseños porque facían ver ós personaxes, en contra dos desexos de Disney, "como animais mortos na estrada". Burton non foi feliz durante o seu período en Disney, no que escribiu e debuxou o poema e as ilustracións que serían a base para o famoso ''[[The Nightmare Before Christmas]]''.
Liña 51:
Inmerso na iconografía [[kitsch]] dos anos 50, o seguinte proxecto de Burton foi ''[[Mars Attacks!]]'' (1996), para o que se reuniu con Elfman. Baseada nunha serie de cartas de ciencia ficción, a cinta era un híbrido das películas fantásticas dos anos 50 e as de desastre total dos 70 (intelixentes cacofonías de sátira e desastre idiota). Por coincidencia resultou ser unha parodia non intencionada do éxito de taquilla ''[[Independence Day]]'', filmada ó mesmo tempo e estrenada cinco meses antes. Aínda que a película contaba cun amplo elenco de estrelas, incluíndo a [[Jack Nicholson]], [[Pierce Brosnan]], [[Michael J. Fox]], [[Sarah Jessica Parker]], [[Natalie Portman]], [[Jack Black]], [[Danny DeVito]], [[Tom Jones (cantante)|Tom Jones]], [[Glenn Close]] ou [[Christina Applegate]] entre outros, foi despreciada polos críticos e case ignorada pola audiencia norteamericana. Porén, a recreación dunha mala película dos 50 foi recibida con éxito no extranxeiro, e logrou facerse cunha base de fanáticos mercede á emmisión por televisión e o DVD.
 
=== [[The Melancholy Death of Oyster Boy: and& Other Stories]] ===
O seu libro ''A[[The MelancólicaMelancholy MorteDeath doof NenoOyster Ostra:Boy e& OutrasOther HistoriasStories]]'' foi publicado en 1996. A colección de versos sobre nenos mutantes como ''Neno Ostra'', ''Nena Misto'', ''Neno Mancha'' (que tivo a súa propia serie de caricaturas en formato Flash en Atomfilms.com), a ''Nena que se converteu nunha Cama'', e outras invencións fantásticas. O libro foi publicado pola compañía Faber and Faber, que tamén publicou o deseño orixinal de ''Sleepy Hollow'' en 1999.
 
=== [[Sleepy Hollow]] ===