Diferenzas entre revisións de «Comité Executivo Central de Todas As Rusias»

sen resumo de edición
(Nova páxina: "O '''Comité Executivo Central Panruso''' (en {{lang-ru|Всеросси́йский Центра́льный Исполни́тельный Комите́т}}), normalmente coñe...")
 
Elixido nos [[Congreso dos Soviets de Todas As Rusias|Congresos Panrusos dos Soviets]], exercía as súas funcións entre congresos. Antes do establecemento da [[URSS]] en [[1922]], incluía aos membros da [[República Socialista Soviética de Ucraína|RSS de Ucraína]] e a [[República Socialista Soviética de Bielorrusia|RSS de Bielorrusia]], elixidos nos seus respectivos [[Congreso dos Soviets|Congresos dos Soviets]].
 
O primeiro Comité Executivo Central Panruso foi electo en xuño de [[1917]], pero non era un órgano de goberno e o seu presidente, [[Nikolái Chkheidze|Nikolái Chjeidze]], non era o xefe do Estado [[Rusia|ruso]]. Esta situación cambiou no [[Revolución de Outubro#O Segundo Congreso dos Soviets e o golpe bolxevique|II Congreso dos Soviets]] durante a [[Revolución de Outubro (1917)|Revolución de Outubro]].
 
Durante a primavera de 1918, a crecente influencia dos partidos socialistas non [[bolxevique]]s e a posibilidade de que estes se alzasen cunha maioría nos [[soviet]]s levou á expulsión dos [[menxeviques]] e dos [[Partido Social-Revolucionario|socialrevolucionarios]] do VTsIK o {{data|14|6|1918}}, séndoo tamén os antigos socios de goberno dos bolxeviques, os [[socialrevolucionarios de esquerda]], un mes máis tarde.<ref name="brovkin382">[[#Bibliografía|Brovkin (1984)]], p. 382</ref> O VTsIK, privado de oposición, apenas se reuniu o resto do ano, pasando o poder estatal ao poder executivo representado polo [[Consello de Comisarios do Pobo]] (Sovnarkom), que deixou ata de remitir, como era preceptivo, ao VTsIK os novos decretos para o seu exame e aprobación.
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===
* {{Cita publicación
| autor = Brovkin, Vladimir N.
| título =The Mensheviks Under Attack The Transformation of Soviet Politics, June-September 1918
| idioma= inglés
| año = 1984
| revista =Jahrbücher für Geschichte Osteuropas
| volumen =32
| número = 3
| páginas =378-391
| url = http://www.jstor.org/stable/41046828
}}
=== Outros artigos ===
* [[Constitución soviética de 1918]]
* [[Constitución da Unión Soviética]]