Diferenzas entre revisións de «Guerra civil rusa»

== A resistencia cosaca ==
 
Os cosacos,considerados de etnia ruso, formaban unha minoría cun status especial. Estaban asentados como forzas defensivas nas zonas fronteirizas do imperio e formaban como tropas de cabalería, un corpo de elite militar. Como contrapartida tiñan unha grande capacidade de autogoberno e amplías posesións de terras, que cultivaban por si mesmos ou arrendaban a campesiños non cosacos. A súa estrutura social, o seu monarquismo e os dereitos especiais que posuían facíanos pouco receptivos ó marxismo e mostráronse contrarios, en xeral, á toma do poder polo partido de [[LenínLenin]]
Xa en 1917 o atamán Durov, da rexión cosaca siberiana de [[Orenburgo]], tentara organiza-la resistencia armada contra os comunistas, pero os campesiños-soldados cansados de loitar nas frontes da Primeira Guerra Mundial non estaban en condicións de formar unidades de combate apropiadas. Orenburgo foi tomada por Gardas Vermellos o [[31 de xaneiro]] de [[1918]].
Máis consistencia tivo o alzamento dos cosacos da zona do [[río Don|Don]]. Alí o atamán e antigo xeral [[Kaledin]] quixo formar un exercito para restaura-lo imperio. Intentou mobilizar os habitantes non cosacos coa creación do "Goberno Unido da rexión". Unha vez máis o cansazo da guerra nos soldados e a falta de apoio dos agricultores da rexión do [[río Don|Don]] que agardaban que o poder soviético puxera fin os privilexios territoriais dos cosacos e repartira as terras, no permitiron consolidar a resistencia. A reacción do Exercito Vermello foi inmediata, pola posición estratéxica da rexión do Don, que era cruzado polas liñas de tren que viñan do [[Cáucaso]] e pola ameaza que a insurrección supoñía para o importante núcleo industrial da zona do [[río Donets|Donets]]. En novembro do [[1917]] o comisario de ministerio da guerra, Antonov-Ovsejenko,foi encargado de tomar medidas especiais. Co traslado de traballadores armados desde Petrogrado o recrutamento de soldados voltos da fronte do Cáucaso e a mobilización de traballadores da conca do Donets tivo á súa disposición unha forza de combate suficiente para derrotar ás tropas cosacas en conquistar [[Novocherkask]], capital da rexión do Don, o 25 de febreiro de 1918 e acabou coa revolta.