Tripedalia cystophora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 26:
Igual que outras cubomedusas nada expandendo e contraendo a súa campá vigorosamente.<ref name=Ruppert/> Durante o día ''T. cystophora'' encóntrase principalmente nos 20 cm de auga máis superficiais, en sitios bañados polo sol entre as raíces de soporte dos manglares. Estas áreas cálidas solleiras son onde se atopa a súa principal fonte de alimento, os [[copépodo]]s ''[[Dioithona oculata]]''.<ref name=Garm/> Nas áreas iluminadas onde as raiolas de sol atopan un claro nas copas dos manglares para pasar, fórmanse densos enxames destes copépodos .<ref name=Buskey>{{cite journal |author=Buskey, E. |year=2003 |title=Behavioral adaptations of the cubozoan medusa ''Tripedalia cystophora'' for feeding on copepod (''Dioithona oculata'') swarms |journal=Marine Biology |volume=142 |issue=2 |pages=225–232 |doi=10.1007/s00227-002-0938-y |url=http://link.springer.com/article/10.1007%2Fs00227-002-0938-y }}</ref> Alí ''T. cystophora'' aliméntase deixándose afundir lentamente cara ao fondo cos seus tentáculos estendidos arredor para apañar as súas presas.<ref name=Garm>{{cite journal |author=Garm, A.; O'Connor, M.; Parkefelt, L.; Nilsson, D.-E. |year=2007 |title=Visually guided obstacle avoidance in the box jellyfish ''Tripedalia cystophora'' and ''Chiropsella bronzie'' |journal=Journal of Experimental Biology |volume=210 |pages=3616–3623 |url=http://jeb.biologists.org/content/210/20/3616.full |doi=10.1242/jeb.004044}}</ref>
 
As cubomedusas teñen sistemas visuais complexos e en ''T. cystophora'' cada unha das catro ropalias da campá consstanconstan dun grupo de seis ollos de catro tipos morfolóxicos. O ollo en posición máis superior e o máis inferior conteñen unha lente, e hai tamén un par de ollos de fenda e un par de ollos de pozo. ''T. cystophora'' presenta comportamentos complexos como evitar obstáculos e nadar rapidamente nunha dirección determinada e pode manter a súa posición na columna de auga iluminada seguramente utilizando información visual. A presenza ou ausencia dos copépodos que depreda ou a cantidade presente deles non parede afectar o seu comportamento de xiro ou velocidade de natación pero ao permanecer na auga solleira maximiza o número de copépodos dos que se pode alimentar.<ref name=Buskey/> Pode detectar unn obxecto cilíndrico como unha raíz de manglar cando se achega dabondo a ela e pode entón xirar bruscamente a un lado para evitala.<ref name=Garm/>
Pola noite ''T. cystophora'' vaise do manglar ata uns poucos metros máis afora nas augas pouco profundas da lagoa e afúndese ata o fondo. Non está calro se se pousa no leito da lagoa ou se nada lentamente entre as [[pradería mariña|plantas mariñas]] [[anxiospermas]] e as algas verdes. Se os investigadores acenden unha luz para observala nesas circunstancias, reacciona nadando cara á superficie.<ref name=Garm/>