Xenocidio armenio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Arte: Actualización
Liña 252:
A coñecida banda de heavy metal [[System of a Down]], está composta por catro músicos de descendencia armenia que viven en California, e promove frecuentemente a conciencia do xenocidio armenio. Cada ano, a banda fai unha xira de ''almas'' en apoio á causa. A banda escribiu "[[P.L.U.C.K.]] (Politically Lying, Unholy, Cowardly Killers)" sobre o xenocidio no [[System of a Down (disco)|álbum homónimo]]. No libreto lese: ''"System Of A Down would like to dedicate this song to the memory of the 1.5 million victims of the Armenian Genocide, perpetrated by the Turkish Government in 1915."'' Outras cancións como "[[X (canción)|X]]" (''[[Toxicity]]'') ou "[[Holy Mountains]]" (''[[Hypnotize]]''), falan tamén sobre o xenocidio armenio.
 
O compositor e cantante americano [[Daniel Decker]] levou a aclamación da crítica polas súas colaboracións co compositor armenio [[Ara Gevorgian]]. A canción "Adana", que debe o seu nome ó lugar onde ocorreu un dos primeiros masacres, conta a historia do Xenocidio armenio. Decker escribiu a letra da canción para complementar á música de Ara Gevorgian. [[Cross Rhythms]], a principal revista europea sobre relixión, xunto coa súa web, dixeron de "Adana": "raras veces un desastre de indecible sufrimento produciu un pedazo tan magnífico de arte." El foi oficialmente invitado polo goberno armenio para cantar "Adana" nun concerto especial en [[Iereván]] o [[24 de abril]] de [[2005]] para conmemorar o nonaxésimo aniversario do Xenocidio armenio. Na actualidade, "Adana" foi traducida a 17 linguas e interpretada por cantantes de todo o mundo. O tema do Xenocidio armenio é tocado tamén pola literatura e o cinema. É o tema principal do filme de [[Atom Egoyan]] ''[[Ararat (filme)|Ararat]]'' ([[2002]]). Tamén fanse referencias en ''America, America'' de [[Elia Kazan]] ou en ''Mayrig'' de [[Henri Verneuil]]. Os directores italiánsitalianos, [[Irmáns Taviani|Vittorio e Paolo Taviani]], están planeando facerdirixiron un filme do xenocidio baseado nun libro chamado ''La Masseria Delle Allodole'', de Antonia Arslan. O primeiro filme sobre o Xenocidio armenio foi ''Ravished Armenia'' ([[1919]]), do que tan só quedan 15 minutos a día de hoxe.
 
Na literatura, a peza máis famosa referente ó Xenocidio armenio é ''Forty days of Musa Dagh'' de Franz Werfel, publicado en [[1933]] e e posteriormente marcado como "indesexable" polas autoridades nazis. O libro tornouse un bestseller e o estudo MGM quixo facer o filme de ''Forty days of Musa Dagh'', pero esta tentativa foi eliminada con éxito por [[Turquía]] (dúas veces). O filme foi finalmente feito en [[1982]], pero o seu valor artístico é cuestionable. [[Kurt Vonnegut]] escribiu libro de ficción ''[[Bluebeard (libro)|Bluebeard]]'' en [[1988]], no que o Xenocidio armenio é o principal tema. Louis de Berniéres emprega o tempo e o lugar do Xenocidio armenio como fondo na súa novela ''Birds without Wings'', que é considerado por algúns como favorable ás posicións turcas.