Haemophilus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 42:
 
== Metabolismo ==
Estes organismos cultívanse en [[placa de ágar|placas]] de [[ágar sangue]], medio rico que lles proporciona toda clase de [[factor de crecemento|factores de crecemento]] que se requiren para o seu cultivo, como: hemina (factor X) e/ou factor V ou [[dinucleótido de nicotinamida e adenina]]. O [[ágar chocolate]], tamén cun forte compoñente de sangue na súa composición pero que sufriu un tratamento térmico, acelera moito o seu crecemento.<ref name=Sherris>{{cita libro| autor = Ryan KJ; Ray CG (editors) | título = Sherris Medical Microbiology| edición= 4th ed. | editor = McGraw Hill | ano = 2004 | id = ISBN 0-8385-8529-9 }}</ref> A especie ''H. influenzae'' require tanto o factor X coma o V, polo que debe crecer en ágar chocolate, onde a calor libera o grupo hemo da hemoglobina do sangue e a hemina queda a disposición da bacteria. Polo contrario, ''H. parainfluenzae'' só require o factor V e crece en ágar sangue. A presenza de [[dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]], unha temperatura de 37&nbsp;°C e un [[pH]] alcalino favorecen o crecemento de ''Haemophilus''. É sensible a efectos exteriores como o frío, a desecación e a luz solar. [[Fermentación|Fermentan]] [[glicosa]] pero non [[lactosa]] nin [[manitol]].
 
Tamén se cultivou coa técnica ''Staph streak'' (~estrías de estafilococo), que permite cultivar ''Staphylococcus'' e ''Haemophilus'' nunha mesma placa. Neste caso, ''Haemophilus'' presenta un patrón de crecemento característico formando satélites arredor das colonias de estafilococos; esta propiedad denomínase [[satelismo]] e mostra a necesidade que ten ''Haemophuilus'' de factores de crecemento que excreta o estafilococo. Esta necesidade pode considerarse determinante no desenvolvemento de [[infección oportunista|infeccións oportunistas]] producidas por ''Haemophilus''.