Diferenzas entre revisións de «Luther Evans»

sen resumo de edición
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
[[Ficheiro:Luther Evans.jpg|miniatura|150px|Luther H. Evans]]
'''Luther Harris Evans''', nado o [[23 de outubro]] de [[1902]] e finado o [[23 de decembro]] de [[1981]], foi [[Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América|bibliotecario do Congreso]] dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura ([[Unesco]]).
 
Nado en Sayersville, [[Texas]], estudou na [[Universidade de Texas]] e recibiu un doutoramento pola [[Universidade de Stanford]] en [[ciencias políticas]]. En [[1935]] empezou a traballar para o goberno dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], primeiro como bibliotecario do ''Historical Records Survey'' e en [[1939]] pasou á [[Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América|Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos]], onde chegou a ser bibliotecario en [[1945]].
 
En [[1953]] dimitiu do cargo de bibliotecario para converterse en Director Xeral da [[Unesco]]. Anteriormente fora conselleiro da delegación dos Estados Unidos na Unesco. Un dos maiores logros do seu mandato foi a elaboración da Convención Universal sobre [[Copyright]]. Evans deixou a Unesco en [[1958]]. Morreu en [[San Antonio, Texas|San Antonio]], Texas, en [[1981]].
237.639

edicións