Xoán II de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 57:
 
== Goberno en Aragón ==
En [[1454]], Xoán II, foi nomeado polo seu irmán Afonso V lugartenente de [[Aragón]] e [[Cataluña]], mentres este gobernaba o reino desde o sur de Italia e Sicilia. En Cataluña, en concreto, o novo lugartenientelugartenente mostrouse partidario de apoiar aos grupos menos favorecidos, os campesiños e os menestreis, dado que estes sectores da poboación compartían inimigos coa súa autoridade: os nobres laicos e eclesiásticos e os altos oligarcas urbanos que controlaban as institucións e discutían o poder real.<ref name="José Luis Martín">[[José Luis Martín|MARTIN, José Luis]]: ''Enrique IV de Castilla: Rey de Castilla, Príncipe de Cataluña'', Hondarribia, 2003, 1a edición, ISBN 84-89569-82-7, pag. 114)</ref>
 
Catro anos máis tarde produciuse a morte de Afonso, quen carecía de herdeiros directos e Xoán sucedeulle no trono de [[Aragón]], aínda que se viu obrigado a entregar ao seu fillo Carlos o goberno de Cataluña. O [[25 de xullo]] de [[1458]] outorgou ao seu fillo [[Fernando II de Aragón|Fernando]] o título de [[ducado de Montblanc|duque de Montblanc]] e de [[condado de Ribagorza|conde de Ribagorza]] co señorío da cidade de Balaguer.<ref>{{cita web |url=http://www.iea.es/_docum/77_OTP_Historia_del_condado_de_Ribagorza.pdf |título=Historia del condado de Ribagorza |dataacceso=3 de novembro|anoacceso=2011 |apelido=Iglesias Costa |nome=Manuel |ano=2001 |formato=pdf |editor= Instituto de Estudios Altoaragoneses |ubicación=Huesca |página=274 |doi=ISBN 84-8127-121-7 |cita=Ello hizo primero que el rey Juan II se negara a reconocer a su hijo Carlos, príncipe de Viana, sus derechos a la herencia y que este se levantase en armas contra su padre; y, segundo, que el rey el mismo día que juró como de costumbre los fueros y privilegios del reino de Aragón (25 de julio de 1458) en la iglesia del Salvador de Zaragoza "dio al infante Don Hernando su hijo título de duque de Montblanc y de conde de Ribagorza con el señorío de la ciudad de Balaguer"; contaba este tan solo 6 años de edad.}}</ref>
 
En [[1460]], Carlos de Viana é arrestado por orde do seu pai, o cal foi aproveitado polos sectores contrarios ao poder real para iniciar un conflito civil en terras catalás. [[A Biga e a Busca|A Biga]], as oligarquías urbanas, a nobreza e unha gran parte da xerarquía eclesiástica catalá alzáronse contra o monarca.<ref name="Yolanda Guerrero Navarrete">[[Yolanda Guerrero Navarrete|HERRERO NAVARRETE, Yolanda]]: ''La configuración de los reinos hispánicos (s. XIII-XV)'', 1a edición, ISBN 84-79822-514-0, pag. 32)</ref> As Cortes, reunidas en Lleida en [[1460]], pediron a Xoán II que liberase ao seu fillo e obrigáronlle a acatar en [[1461]] a [[Capitulación de Villafranca do Penedés]], onde se lle prohibiu entrar en Cataluña sen permiso das institucións locais e limitábase notablemente a súa autoridade real (a xefatura administrativa e o poder executivo -en ausencia do soberano- quedarían en mans de Carlos de Viana, aínda que na práctica quen gobernaría sería a [[Xeneralidade de Cataluña|Generalitat]]). En [[1461]], o monarca recoñece abertamente a lexitimidade da súa primoxénito, pero dunha forma ambigua que se presta a posibles revogacións.
 
==Notas==