Paulo Freire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
algunha correccion
Liña 6:
En 1947 foi nomeado director do Departamento de Educación e Cultura do Servizo Social da Industria. Estudou Letras e doutorouse en 1959 en Filosofía e Historia da Educación coa tese ''Educação e atualidade brasileira'', na que se asentan as bases do seu método, segundo o cal todo proceso educativo debe partir da realidade que rodea a cada individuo. Nos anos 50, pertenceu ó primeiro Consello Estatal de Educación de Pernambuco. En 1961, foi nomeado director do Departamento de Extensión Cultural da Universidade de Recife. En 1963 puxo en práctica a súa primeira experiencia educativa de grupo, dentro da Campaña Nacional de Alfabetización, conseguindo a [[alfabetización]] de 300 traballadores rurais en mes e medio.
 
Como consecuencia do golpe militar de 1964, tivo que abandonar a súa actividade, cualificada de '[[subversiva]]', e refuxiouse en [[Chile]], onde participou en diversos plans do goberno democristiano de [[Eduardo Frei]], coma o programa de educación de adultos do Instituto Chileno para a Reforma Agraria (ICIRA). En Chile escribe ''Pedagogía del oprimido'', cuxo contido desagrada ó goberno de Santiago. Profesor da [[Universidade Harvard]], colaborou cos grupos adicados á reforma educativa nos ámbitos rurais e urbanos. En 1970 trasladouse a [[Genève]] ([[Suíza]]), onde traballou nos programas de educación do Consello Mundial das Igrexas. Despois de dezaseis anos de exilio, en 1980 retornou a Brasil, onde se adicou á docencia na Universidade EstadualEstatal de Campinas e na PontifíciaPontificia Universidade Católica de [[São Paulo]], cidade esta última da que foi SecretàrioSecretario de EducaçãoEducación. En 1986, recibiu o premio internacional "Paz e Educación" da [[UNESCO]]. Foi investido doutor 'honoris causa' por vinte universidades de todo o mundo.
 
==Obra==