Diferenzas entre revisións de «Notación musical»

corrixo
(retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata)
(corrixo)
 
=== Representación das duracións ===
'''[[Tempo (música)|Tempo]]''' e '''[[Compás (música)|compás]]''' - regulan cantas unidades de tempo deben existir en cada compás. Os compases están delimitados na partitura por liñas verticais e determinan a estrutura [[ritmo|rítmica]] da música. O compás escollido está directamente asociado ao [[xénero musical]]. Un [[valsvalse]] por exemplo ten o ritmo 3/4 e o [[rock and roll|rock]] tipicamente usa o compás 4/4.
 
Nunha fracción de compás, o denominador indica en cantas partes se ten que dividir unha [[semibreve]] para obter unha unidade de tempo (na notación actual a redonda é a maior duración posible e por iso todas as duracións están tomadas en referencia a ela). O numerador define cantas unidades de tempo ten o compás. No exemplo de abaixo aparece un tempo de "catro por catro", é dicir, a unidade de tempo ten unha duración de 1/4 de semibreve e o compás ten 4 unidades de tempo. Neste caso, unha redonda ocuparía todo o compás.