Prismas de xeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
trasvase->transvasamento
Liña 2:
Os '''prismas de xeo''' son un tipo de [[Precipitación (meteoroloxía)|precipitación]] consistente en finísimos cristais de [[xeo]] en forma de agullas ou columnas moi tenues que dan a sensación de estaren en suspensión na atmosfera. Son doados de observaren no [[Ártico]] e na [[Antártida]], mais poden ocorrer en calquera lugar.
 
Para a súa formación, ademais dunha [[temperatura]] por embaixo dos cero graos centígrados, é precisa a existencia dunha [[inversión térmica]] na cal a capa superficial de aire se mesture cunha capa de aire máis quente situada por riba dela. Como o aire quente contén máis cantidade neta de [[vapor de auga]] que a fría, vai producirse un trasvasetransvasamento deste cara a superficie, aumentando a súa [[humidade relativa]]. Se o aumento é abondo pódense formar os cristais de xeo.
 
Porén, a temperaturas entre os 0 °C e os -39 °C, este exceso de humidade pode dar lugar máis comunmente a [[néboa]] que a prismas de xeo. Isto é debido a que moitas das pingas de auga poden permanecer aínda líquidas nun estado coñecido co nome de sobrearrefriamento. Neste sentido, a contaminación, natural ou artificial, axuda á conxelación das pingas de auga ao crear [[núcleo de condensación|núcleos de condensación]], pero en áreas moi limpas poden permanecer líquidas moitas pingas ata os -39 °C. Polo xeral, os prismas de xeo empezan a ser visibles a -10 °C en áreas cun certo nivel de polución, e a partir de -25 °C naqueles puntos especialmente limpos coma o interior da Antártida.