Diferenzas entre revisións de «Trinidad e Tobago»

m
capitanía *xeral → capitanía xeneral
(retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata)
m (capitanía *xeral → capitanía xeneral)
 
== Historia ==
Antes do arribo dos europeos no [[século XV]] a illa hoxe chamada Trinidad estaba poboada por [[caribes]] ([[nepuya]], [[suppoya]]) mentres que Tobago estaba poboada polos [[kalugo]]. O nome indíxena de Trinidad era Kairi ou Leré cuxo significado sería "Terra de [[colibrí]]s" ou seica simplemente "A Illa". [[Cristóbal Colón]] descubriu para os europeos a principal das illas o 31 de xullo de [[1498]] e chamouna "Terra da [[Santísima Trinidad]]" mentres que denominou "Bela Forma" á illa actualmente chamada Tobago. Estas illas foron a partir de entón contendidas por [[España|españois]], [[Inglaterra|ingleses]], [[Países Baixos|neerlandeses]] e [[Francia|franceses]], houbo ata unha colonia de "letones" procedentes de [[Curlandia]]. A fins de [[século XVIII]] o control era español como parte da [[Capitanía XeralXeneral de Venezuela]] pero no decurso das [[guerras napoleónicas]], en febreiro de 1797, unha forza británica iniciou a ocupación do territorio, en [[1802]] pola [[paz de Amiens]] as illas de Trinidad e Tabaco (en inglés: "Tobago") pasaron ao [[Reino Unido]] , pola súa banda [[Francia]], que tamén tiña pretensións sobre o territorio fixo cesión formal ao Reino Unido en 1814.
 
A poboación indíxena practicamente desapareceu sendo en gran medida substituída pola poboación melanoafricana ("negra") introducida á forza como man de obra esclavizada para as plantacións de [[cana de azucre]] e [[tabaco]], durante o século XIX a medida que resultaba menos económica a escravitude para os "brancos" fomentouse a inmigración de "''coolies''" desde [[India]] e [[China]], [[Líbano]], [[Siria]] así como desde outras Antillas e Venezuela quen traballaban como man de obra barata ou no sector servizos, case na mesma situación atopouse a inmigración de portugueses, mentres que os franceses refuxiados desde [[Haití]] xa antes da paz de Amiens gozaron de mellor situación aínda que non chegaron ao status da minoría inglesa.
7.206

edicións