Arquivo do Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
o obxecto da fotografía non corresponde a este artigo
Shyde (conversa | contribucións)
m capitanía *xeral → capitanía xeneral
Liña 6:
Exerce funcións de '''Arquivo Histórico Xeral de Galicia''' e de '''Arquivo Histórico Provincial da Coruña''', polo que custodia a documentación de ámbito galego ou provincial que producen as administracións locais, autonómicas e estatais.
 
As súas orixes datan da [[Real Cédula]] emitida por [[Carlos V|Carlos I de Castela]] o [[3 de febreiro]] de [[1529]] e dunha Real Provisión do mesmo monarca e a súa nai, a raíña [[Xoana I de Castela]] do [[1 de marzo]] de [[1543]], cando se ordenou a salvagarda e custodia dos procedementos da [[Real Audiencia de Galicia]], un organismo creado polos [[Reis Católicos]] mediante diversas disposicións a partir de [[1480]]. O seu inicio formal data da Real Cédula de [[Carlos III de España|Carlos III]] emitida o [[22 de outubro]] de [[1775]], cando se crea o Arquivo, asignándolle tamén persoal e unhas normas de funcionamento. A súa sede orixinal era o Palacio da Real Audiencia, un edificio que actualmente alberga a Capitanía XeralXeneral, onde permaneceu até o seu traslado en [[1936]] aos sotos do Palacio de Xustiza. Finalmente, en [[1956]] foi trasladado ao seu actual emprazamento, xunto ao [[Xardín de San Carlos]]. O proxecto foi concibido por [[Antonio Tenreiro]] e inaugurado en [[1955]].
 
O núcleo dos fondos do Arquivo provén dos procedementos da Real Audiencia de Galicia. Porén, desde mediados do [[século XIX]] foi adquirindo fondos de orixe diversa, até chegar a máis de 250. O Arquivo alberga fondos que se remontan, no caso de diversos [[diploma]]s en [[pergamiño]], ao [[século IX]].