Claudio Abbado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
desto ==> disto
Liña 135:
*Saber tratar coa xente, entender e respectar a outros músicos.
 
Abbado confería unha especial importancia ao trato cos solistas, o que seguramente explique o feito de que conseguira establecer longas e gratificantes relacións con solistas de alto nivel como o pianista italiano [[Maurizio Pollini]], a quen coñeceu durante a súa época de estudante e co que traballou dende [[1961]] e con quen interpretou boa parte dos concertos do repertorio pianístico.<ref name="Mat"/> Sobre a relación cos solistas, [[Alfred Brendel]] indicaba que Abbado era un director no que se producían ao mesmo tempo o intento de cambiar a idea do solista por parte do director para axustala á súa, e o deixar facer a propia versión dun concerto aínda que a orquestra non soe como el cre que debera, a parte destodisto, Brendel afirmaba que Abbado facía que a orquestra tocara dun xeito transparente, ensinándolle a producir un son fermoso ao tocar os ''pianissimi'' e dando relevo ás voces do fondo que se adoitan perder entre o ruido xeral.<ref>Matheopoulos, p.58.</ref>
 
== Discografía ==