Diferenzas entre revisións de «Diego Sarmiento de Acuña»

 
===Posicionamentos verbo do Reino de Galicia===
Foi membro deste consello dende [[1623]]. Foi nomeado Gobernador-[[Capitán xeneral do [[Reino de Galicia]] en [[1625]] mais non chegou a tomar posesión.<ref>http://www.tercios.org/ESPANA/GALICIA_CapGral.html</ref>
 
Defendeu para o [[Reino de Galicia]] o voto nas [[Cortes de Castela]]. Esta reclamación conseguiuse en [[1622]] grazas ao seu labor persuasivo ante [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sofría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola [[Xunta do Reino de Galicia]]. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en [[Baiona]].