Diferenzas entre revisións de «Salamanca»

Castela - Castilla -> Castela
m (Cambiouse a categoría «Concellos de Salamanca» pola categoría «Concellos da provincia de Salamanca».)
(Castela - Castilla -> Castela)
No ano [[712]], coa invasión [[Musulmán|musulmá]] da península, [[Musa ibn Nusair]] conquista a cidade. Durante a [[Alta Idade Media]], a zona ficou como terra de ninguén e os seus núcleos de poboación resultaban destruídos con frecuencia polas habituais incursións (algaradas) dos árabes. Salamanca quedou reducida a un núcleo carente de importancia e case despoboado. Os sucesivos intentos dos reinos cristiáns de estabilizar esta área orixinan non poucos choques coas expedicións musulmás, que provocaron diversas escaramuzas e batallas, como a de [[Afonso I de Asturias|Afonso I]] en [[754]], que acaban por arrasar o que queda de urbano. A zona permanece practicamente deshabitada até que despois da importante vitoria cristiá, na [[batalla de Simancas]] do ano [[939]], se inicia unha tímida repoboación das ribeiras do Tormes, que non terá moito éxito ante aínda o poderoso [[Califato]].
 
Tras a conquista de [[Toledo]] por [[Afonso VI de León e Castela|Afonso VI]], no ano [[1085]], prodúcese a repoboación definitiva da cidade. En [[1102]], [[Raimundo de Borgoña]] dirixiuse á cidade cun nutrido grupo de poboadores de diversas orixes, por desexo de seu sogro [[Afonso VI de León|Afonso VI]]. Cada un destes grupos instalouse nunha zona diferente da cidade. [[Francos]], serranos (das serranías de Asturias, Galicia e León), [[Castela - Castilla|casteláns]] (de Burgos, Soria e a Rioxa), [[Portugal|portugueses]], [[mozárabes]] (poboacións hispano romanas ou hispano godas que abandonaran o dominio musulmán), [[Toro, Zamora|toresanos]], [[xudeu]]s e [[Galiza|galegos]] fundaron as súas respectivas igrexas e parroquias. Restáurase a súa [[diocese de Salamanca|Diocese]] (sendo o primeiro bispo [[Xerónimo de Perigord]]) e comézase a construír a [[catedral Vella de Salamanca|catedral]], a carón da cal nacen unhas escolas que serán o xermolo da [[Universidade de Salamanca|Universidade]].
 
No ano [[1230]], baixo o reinado de [[Fernando III de Castela|Fernando III o Santo]], únense definitivamente os reinos de [[CastelaReino -de CastillaCastela|Castela]] e [[León,Reino Españade León|León]].
 
No [[século XIII]], o monarca [[Afonso IX de León]] outorga ás escolas catedralicias o rango de Estudo Xeral que, en [[1253]], se convertería en [[Universidade de Salamanca]] por real cédula de [[Afonso X de Castela|Afonso X]], posteriormente ratificada polo [[papa]] [[Alexandre IV, papa|Alexandre IV]] ([[1255]]).