Afonso V de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 25 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q299119
Castela - Castilla -> Castela
Liña 9:
A [[9 de xuño]] de [[1448]], D. Afonso V atinxe a maioridade e asume o control do reino. A [[15 de setembro]] do mesmo ano, desexoso de mostrar independencia política, anula todos os editais aprobados durante a rexencia. A situación tórnase inestábel e, no ano seguinte, levado por informacións que máis tarde virían a probarse falsas, D. Afonso declara o tío e sogro D. Pedro rebelde e inimigo do reino. Xuntamente con Afonso de Bragança, derrota o Duque de Coimbra na [[batalla de Alfarrobeira]], onde este é morto en combate. Despois desta batalla e da perda do máis notábel príncipe da ''[[Ínclita xeración]]'', D. Afonso V pasa a ser totalmente controlado polo Duque de Bragança.
 
Acabada a inestabilidade interna, a atención de D. Afonso V concentrouse na expansión no [[Norte de África]], iniciada en [[1415]] coa [[conquista de Ceuta]]. En [[1453]] dáse a [[caída de Constantinopla]] e o papa [[Calisto III]], en [[1456]], apela a unha cruzada, a que D. Afonso V responde preparando un grande exército. Mais, frustrada esta misión, D. Afonso V retoma a campaña no Norte de África. O exército real conquistou, nas campañas que valeron a D. Afonso o cognome do ''Africano'', [[Alcácer-Ceguer|Alcácer Ceguer]] ([[1458]]), [[Anafé]] ([[1464]]) e [[Arcila (Marrocos)|Arcila]] ([[1471]]); coa toma desta praza caírancaeran tamén nas mans dos Portugueses as de [[Tánxer]] e [[Larache]]. O rei subsidiou aínda as exploracións do [[Océano Atlántico]], concedendo o comercio na Guiné a [[Fernão Gomes]], coa condición de descubrir todos os anos 100 leguas de costa, o que o levaría até á costa de [[São Jorge da Mina]]. Organizadas polo seu tío, o [[Infante D. Henrique]], estas viaxes non tiveron continuidade despois da morte deste en [[1460]]. Do punto de vista administrativo, D. Afonso foi un rei ausente, pouco preocupado co desenvolvemento do comercio e a administracciónadministración do reino.
 
Coas campañas africanas terminadas, D. Afonso V atopou novas batallas, desta vez políticas, na [[Península Ibérica]] e na veciña [[CastelaCoroa -de CastillaCastela|Castela]], onde un escándalo de consecuencias dinásticas acababa de comezar. O rei [[Henrique IV de Castela]] morreu en [[1474]], tendo como única herdeira Dona [[Xoana a Beltranexa|Xoana, princesa de Castela]]. Mais a paternidade da princesa era contestada con base na suposta homosexualidade do rei e na relación da raíña, [[Xoana, princesa de Portugal|Xoana de Portugal]] irmá de D. Afonso, cun nobre chamado [[Beltrán de la Cueva]]. A nobreza e o clero estaban divididos, e unha parte apoiou a irmá de D. Henrique e tía de D. Xoana, coroada como raíña [[Isabel I de Castela|Isabel I]]. É neste punto que D. Afonso V interfire, casando en [[1475]] coa sobriña e asumindo as súas pretensións ao trono. D. Afonso V declárase rei de Castela e invade o país veciño. A campaña resulta en fracaso, cando D. Afonso abandona o campo da [[batalla de Toro]], onde as tropas de Castela liderounas o rei [[Fernando II de Aragón]], recentemente casado con Isabel. D. Afonso procurou aínda o apoio de [[Luís XI de Francia]], mais ao verse traicionadotraizoado regresa a Portugal en [[1477]]. Desilusionado e con síntomas de depresión, D. Afonso retírase para un mosteiro en [[Sintra]] e abdica para o fillo [[Xoán II de Portugal|Xoán]]. Téndose retirado da vida política, morre en 1481.
 
Xaceu no [[Mosteiro de Santa María da Vitoria]], na [[Batalla (Portugal)|Batalla]].